O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, en nome da Corporación Municipal, quere expresar as máis profundas condolencias e o fondo pesar polo triste pasamento de Jesús Andrade Patiño, quen fora concelleiro do PSdG-PSOE entre os anos 1987 e 1999 sendo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Deportes até o ano 1995.

 

O Concello de Negreira comunica que gardará un minuto de silencio na súa memoria, na vindeira sesión plenaria da Corporación Municipal e quere mostrar o seu pésame a familiares e achegados por tan triste perda.

 

D.E.P.

powered by social2s

Debido aos traballos de ampliación e mellora do trazado que a Deputación da Coruña está a realizar na estrada provincial DP-5602 de Negreira a Pontenafonso, infórmase á veciñanza en xeral, que se procederá a un corte de tráfico necesario para continuar ditas obras, no treito entre Reibó (punto quilométrico 7+000), e a ponte de Barbazán (punto quilométrico 9+500); comprendido entre o xoves 17 de febreiro, e o 13 de agosto do ano en curso, habilitándose un desvío alternativo para vehículos de dimensións reducidas.


• O desvío en dirección Pontenafonso faráse desde Reibó (Liñaio), a través de Bellalta, Vilar de Ordoeste e Pedralonga, ata conectar novamente coa DP-5602.

• En dirección Negreira dende Lueiro, Barbazán, Xallas, Romarís e Porqueira; a través da DP-5602 por Pedralonga, Vilar de Ordoeste, Bellalta e até Reibó (Liñaio).

 

Pregamos desculpen as molestias que se poidan ocasionar, pero trátase dun corte necesario para o bo desenvolvemento dos traballos planificados pola empresa adxudicataria.

powered by social2s

O Concello de Negreira conta cun novo vehículo policial todoterreo híbrido enchufable e co distintivo medioambiental ECO. Trátase dun modelo Mitsubishi Eclipse trala súa adquisición con fondos municipais por un importe de 39.364,58 euros, a través dun proceso de contratación pública.

 

O novo vehículo foi entregado hoxe polo alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañado pola primeira tenente de alcalde, María del Mar García Vidal, e os concelleiros Teresa Duro Leis e Adolfo Manuel Barbosa Pérez; cando aos catro axentes adscritos ó servizo da Policía Local de Negreira. O novo vehículo tipo SUV que vén a suplir ao actual vehículo en aluguer, “era unha necesidade que tiña o Concello para o correcto desempeño das funcións diarias dos axentes”, segundo salientou o alcalde.

 

 

As súas funcións serán as propias que desempeña o corpo policial coma protexer ás autoridades locais, ordenar, regular, sinalizar, denunciar infraccións e dirixir o tráfico no ámbito das súas competencias dentro do territorio municipal.

powered by social2s

Décima edición dun evento que reúne ao mellor do deporte negreirés a quen o concelleiro de Deportes, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá, Iván Guardado Porto deu a benvida: “Temos a oportunidade de recuperar o recoñecemento ao traballo dos nosos deportistas e clubes para poner en valor todo o esforzo que realizan”, salientou o responsable da área deportiva municipal.

 

A Gala do Deporte recoñeceu o labor d@s nos@s deportistas, clubes e persoas e entidades que tanto contribúen a levar o noso deporte ás máis altas cotas a nivel autonómico e nacional:

 

- Mellor club: Club Atletismo Negreira

- Colaborador: José Antonio Suárez Otero

- Mellor promesa masculino: Jun Sieira Gerpe

- Mellor promesa feminina: Margarita García Tatis

- Traxectoria club: Club Petanca Negreira

- Mellor traxectoria: Ainhoa Rodríguez Fernández

- Recoñecemento especial: Andrés Domínguez Silva

- Mellor deportista 2021: Alba Pérez Nieto

 

 

Mención especial á presenza do padriño da Gala, Ezequiel Mosquera, ex-ciclista profesional e impulsor de O Gran Camiño Cycling, quen foi obsequiado polo alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez. Agradecemos tamén a presenza de Blas García, deputado de Promoción Económica da Deputación da Coruña e alcalde de Ames; de Isidoro Hornillos Baz, presidente da Federación Galega de Atletismo, así como da alcaldesa de Santa Comba, María Pose Rodríguez; do alcalde de A Baña, Andrés García Cardeso, e do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, así como concelleir@s de Deportes dos citados concellos veciños pola súa asistencia.

 

Imaxe: ABRAHAM FOTÓGRAFAS

powered by social2s

As Escolas Deportivas Municipais volven a coller certa normalidade co inicio das competicións deportivas comarcais, neste caso coa "Liga Exprés" de Futbol Sala, que comeza este venres 11 de febreiro coa disputa da 2ª xornada, debido ao aprazamento da primeira. O pavillón municipal de Pedra Mámoa alberga tres partidos dende as 16:30 horas.

 

Negreira conta este 2022 con cinco equipos dende a categoría Prebenxamín ata a Alevín. E para esta primeira xornada serán "Os Miúdos" de Muros, o rival do equipo Negreira A.

 

Por outra banda, o equipo de baloncesto do Concello de Negreira está a disputar a Liga de Minibasket Zonal Masculina, tralo acordo co Club Baloncesto Brión. Froito deste acordo creáronse dous equipos, un de Minibasket (Sub-12) e outro de Babybasket (Sub-8), que agardan seguir medrando para fortalecer o baloncesto no noso concello.

 

De cara a primavera, tamén agardamos poder levar a cabo outras iniciativas deportivas como a Gala de Ximnasia Rítmica, torneos de xadrez, miniligas de pádel, ou competicións de tenis.

 

#NegreiraÉDeporte

powered by social2s