Diseño sin título (1).png

 

A carpa municipal da praza do Concello encheuse este luns de Entroido de rapazada disposta a pasar unha tarde moi divertida coa festa infantil de disfraces que resultou todo un éxito de participación. Arredor desta celebración, que estivo acompañada polo bo tempo, desenvolvéronse unha serie de actividades de animación con música e baile, ademais de obradoiros de pintura, ou inchables para pasalo en grande.


O concurso de disfraces deparou o seguinte resultado:


Grupo A (1 a 6 anos)


1º premio (cheque agasallo 150€)
Izan e Enzo Nieto Rey – Cultura invit
2º premio (lote de xogos didácticos)
Alba Plata Piñeiro – Aina diosa celta
3º premio (lote libros)
Vega Vieito Cancela – Cindy Lou Crincys


Diseño sin título.png


Grupo B (7 a 16 anos)


1º premio (cheque agasallo 150€)
Iria Serrano Mayo - Beyoncé
2º premio (tablet)
Sabela Rivas Leis – Dama Amiga
3º premio (reloxo intelixente)
Sandra Hermo Blanco – Raiña do mal

Imaxes: ABRAHAM FOTÓGRAFAS

powered by social2s

Diseño sin título (4).png

 

As rúas de Negreira ateigáronse de xente este sábado de Entroido para vivir o día grande destas festas paganas nas que o humor e a diversión mestúranse con todo tipo de caracterizacións e disfraces, e tamén para repasar a crónica social e política do ano anterior.


O Concello de Negreira fixo unha firme aposta pola recuperación dun desfile-concurso convertido dende fai moito tempo nunha das grandes referencias na provincia de A Coruña e en Galicia, con máis de 4.400 euros en premios e unha participación que superou as expectativas tras un ano marcado pola pandemia da covid-19, no que se ben é certo que houbo menos comparsas grandes ca antes da pandemia, os participantes superaron en total a vintena, algo moi de agradecer a todxs polo seu traballo e esforzo para sacar adiante as súas temáticas.

 

Diseño sin título (2).png

Aquí deixámosvos o resultado final segundo o dictame do xurado formado por concelleiras de Ames, Brión e A Baña, e un representante do Concello de Outes:


COMPARSAS


1º premio (1.000€)- Os gaitistas de Hamelín (Ordes)
2º premio (500€) – Os Remolóns (Vilagarcía)
3º premio (200€) – Nicravisión
4º premio (100€) – Tarde, mal e arrastro (Porto do Son)
Accésit 1 (60€)– El gran circo italiano
Accésit 2 (60€) – Galiza profunda (A Baña)


CARROZAS


1º PREMIO (1.000€) – Le damos colorín al amor y al festín (Vilagarcía)
2º premio (500€) – Nicravisión
3º premio (200€) – Galiza profunda
4º premio (100€) – Exército do Arco Iris (Porto do Son)
Accésit 1 (60€) – Sirkvetran (Negreira)
Accésit 2 (60€) – Barcala descalada

Diseño sin título (3).png

 

GRUPOS


1º premio (200€) – Fantasía rural (As sojras)
2º premio (150€) – As teixugueiras (Outes)
3º premio (100€) – Capeando o temporal (Negreira)
INDIVIDUAIS/PARELLAS
1º premio (100€)– Mundo máxico de Pinocho (Negreira)
2º premio (80€) – Xan e pericán
3º premio (50€) – A nosa maxia
Premio simpatía “Juan Varela Areoso”
Barcala descalada (60€)

 

Imaxes: ABRAHAM FOTÓGRAFAS

powered by social2s

Diseño sin título (1).png

 

O servizo de telefonía móbil 5G de nova xeración na banda de 700 Mhz comeza a prestarse no concello de Negreira polas principais operadoras de telefonía móbil do mercado nacional. A través dunha fase inicial, as operadoras verificarán a calidade do servizo que mellorará a cobertura tanto en interiores coma en exteriores, ademais dunha mellora sustancial na velocidade de conexión a Internet, e servizos de TV, vídeo e música baixo demanda.


A mellora coa prestación deste servizo segundo trasladaron desde Llega700 ao Concello de Negreira, conlevará a aparición de determinadas afectacións na recepción do sinal de Televisión Dixital Terrestre (TDT) para os usuarios, xa que esta frecuencia de 700 Mhz empregábase anteriormente para o servizo de TDT.


No caso de chegarse a producir afectacións na recepoción do sinal televisivo, as operadoras móbiles habilitaron Llega700, para solventar as incidencias a través do número de teléfono gratuito: 900 833 999.


Trala notificación da afectación ao sinal de recepción da TDT por parte da veciñanza, un técnico desprazarase ao domicilio para realizar as comprobacións oportunas e o acondicionamento para solucionar a incidencia, sen coste algún.

powered by social2s

Este sábado 26 de febreiro, as rúas da capital do Val de Barcala recuperan o ambiente festivo co gran desfile de comparsas, carrozas e grupos do Entroido 2022 que comezará ás 18:00 horas coa saída dende o Campo da Feira, onde os participantes deberán concentrarse a partir das 17:00 horas. O percorrido do desfile será o seguinte: Carreira de San Mauro; rúa da Cachurra; avenida das Brañas; rúa Rosalía de Castro; rúa de Castelao e remate diante da Casa do Concello.

 

Un amplo dispositivo de seguridade formado polos axentes da Policía Local, e voluntarios de Protección Civil encargarase de velar polo correcto desenvolvemento do evento, que obrigará a cortar o tráfico ao longo do percorrido antes mencionado. Recoméndase non usar os vehículos entre as 18:00 e as 21:00 horas do sábado.

 

 

Ao remate do desfile, comezará a actuación musical da orquestra Miramar na carpa municipal da Praza do Concello, amenizando o Entroido para logo entregar os premios do concurso nas súas diferentes categorías, tralo fallo do xurado encargado de valorar aos participantes no desfile.

 

Nesta edición contamos cunha vintena de participantes: dez na categoría de individuais e parellas; catro, na de grupos; e sete agrupacións en comparsas con cadansúa carroza. Os seus lugares de procedencia: unha ducia de Negreira; A Baña; Vilagarcía de Arousa; Soutomaior; Arteixo; Ordes; Porto do Son, e Noia.

 

Pregón

 

O domingo 27 a partir das 13.00 horas contaremos coa presenza de Tonhito de Poi e Alberto Piñeiro, na carpa municipal da Praza do Concello.

 

Concurso infantil

 

O luns 28 de febreiro teremos o baile e concurso de disfraces infantil, na carpa da Praza do Concello, coa concentración a partir das 17:00 horas e comezo da actividade a partir das seis da tarde. A rapazada interesada deberá anotarse antes do concurso na propia praza.

 

O concurso de disfraces infantil contará con dúas categorías: nenos/as de 1 a 6 anos e, nenos/as de 7 a 16 anos; cos seguintes premios:

 

Grupo A (1 a 6 anos)

1º Cheque agasallo (valor 150 €)
2º Lote de xogos didácticos
3º Lote libro

 

Grupo B (7 a 16 anos)
1º Cheque agasallo (valor 150 €)
2º Tablet
3º Reloxo intelixente

powered by social2s

Ante as numerosas queixas veciñais e a actitude incívica dalgúns/as propietarios/as de animais no referente as deposicións dos mesmos na vía pública, xardíns, parques infantis, zonas de ocio ou incluso instalacións deportivas, recordamos a veciñanza a obriga de recollelos e limpar inmediatamente a zona afectada, incluindo farolas maceteiros, portais de vivendas ou de locais comerciais, ( artigo 11, REGULAMENTO DE MEDIO AMBIENTE, DE LIMPEZA PÚBLICA E RECOLLIDA DO LIXO do CONCELLO DE NEGREIRA):

 

· Os animais deben percorrer a vía pública e outros espazos, atados e con bozal si é o caso, dependendo da normativa ó respeto.
· A identificación do animal mediante microchip é obrigatoria nos primeiros tres meses de vida ou un mes despois da súa adquisición.
· O propietario/a ten a obriga de ter sempre a disposición todo o material necesario para a recollida das deposicións, incluida auga para limpar a zona usada.
· A exposición á veciñanza de ditos excrementos, pode xerar un risco para a saúde, polo que compre evitalo.
· As infraccións leves, como neste caso, poderán ser sancionadas con apercibimento e multa de ata 750 euros.

 

Polo tanto apelamos unha vez máis a colaboración da veciñanza para manter un pobo limpo, tendo así unha mellor convivencia en Negreira.

 

Para iso comezaremos cunha campaña de control e vixilancia por parte da Policía Local nos vindeiros días.

Attachments:
Download this file (Nota informativa.pdf)Nota informativa.pdf
powered by social2s