Negreira acolleu este Luns de Entroido, o seu tradicional concurso de disfraces infantil, celebrado no Auditorio municipal cunha participación dun cento de nenos e nenas que fixeron as delicias dos alí presentes. E dende a Delegación de Cultura lémbrase que segue aberta até o xoves 18 de febreiro, a inscrición para participar no Gran desfile de carrozas e comparsas do Entroido barcalés, ca celebrarase o sábado 20 de febreiro, a partir das cinco da tarde, partindo o desfile dende o campo dá feira.
Este foi o resultado final do xurado para as dúas categorías segundo idades, cuxos premios foron entregados polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño; a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas, e mailo concelleiro de Obras, Urbanismo e Parques e xardíns, Manuel Ángel Leis Míguez.
De 1 a 6 anos
1º premio – Xulián Díaz Suárez, polo seu disfraz de «Elvis Presley». Cheque agasallo valorado en 100 euros.
2º premio – Zaira Barreiro Lodeiro, polo seu disfraz de «Mary Poppins». Lote de xogos didácticos.
3º premio – Nicólas Carnota Fernández, polo disfraz de «Cabaleiro de tapón». Lote de libros.
De 7 a 16 anos
1º premio – Catuxa Sampedro Pereira, polo seu disfraz de «A dama de cristal». Cheque agasallo de 150 euros.
2º premio – Martín Peteiro, polo disfraz «Predrosa desde Malasia a Negreira». Unha tablet.
3º premio – Noelia Carnota Fernández, por «Reciclaxe de primavera». Cámara de fotos dixital.
IMAXE: ABRAHAM FOTÓGRAFO
O Concello de Negreira informa que por Decretos de Alcaldía nº 37/2016 e nº 38/2016, de data, ámbolos dous, do día 2 de febreiro de 2016, aprobáronse as Bases para a formación de listaxes de agarda para a sustitución do persoal laboral temporal seguinte:
- Traballador/a social
- Auxiliar de fogar
O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles, a contar desde o mércores 10 de febreiro, no Rexistro Xeral da Casa do Concello, na rúa do Carme 3.
O contido íntegro das referidas Bases atópase a disposición dos interesados/as na Secretaría municipal.
A Asociación de veciños 3 de Maio, da parroquia de Santa Cruz de Campolongo, co seu presidente á fronte, José Freire, e mailo Concello de Negreira, co alcalde Jorge Tuñas Caamaño xunto aos concelleiros do Partido Popular, Juan Rey Maceira e de Cidadáns, José Manuel López Lago, respeitivamente, decidiron homenaxear conxuntamente a José Andrés Maneiro Nieto, cronista da parroquia de Campolongo, ao tempo que colaborador infatigable en cantas iniciativas desenvolveu a entidade veciñal, así como a título persoal dando a coñecer os recursos naturais e patrimoniais, costumes e maila tradición oral, grazas en boa medida as súas intervencións en Radio Negreira e, no programa Pensando en ti, da Radio Galega.
Dita homenaxe levouse a cabo este mércores 3 de febreiro, na súa casa de Couso de Abaixo, estando Maneiro arroupado pola súa dona, Hortensia, e mailos seus dous fillos, Sergio e Pepe. Tanto por parte da xunta directiva da Asociación de veciños 3 de Maio, quenes fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa en agradecemento a súa colaboración desinteresada coa parroquia, coma por parte dos representantes dos tres partidos políticos da Corporación Municipal, en nome da cal entregáronlle unha figura dun hórreo de porcelana en agradecemento á súa labor e difusión de Negreira, todos coincidiron en loubar a súa sabiduría popular e maila humildade que de sempre caracterizou a Maneiro, quen tivo a honra de selo primeiro concelleiro que tivo a parroquia de Campolongo na democracia, despois de formar parte antes da antiga Cámara Agraria.
José Maneiro, animou a tódolos presentes no acto, a seguir traballando a reo polo concello de Negreira, defendendo e recuperando o seu patrimonio, ao tempo que pedíulles aos responsables municipais, que teñan a ben recupéralo muiño do río Donas no que tanto empeño puso para a súa conservación.
Entrevista en Radio Negreira
Por mor do mal tempo, debido a que foi activada a alerta amarela por fortes choivas e ventos, con acumulados de até 40 litros por metro cadrado en todo o Suroeste da provincia de A Coruña, dende as 12:00 horas do sábado 7 de febreiro, o Concello de Negreira tomou hoxe a decisión de suspendélo Desfile de carrozas e comparsas, acto principal das festas do Entroido no noso concello, fixado para a tarde deste sábado.
A nova data de celebración vai selo sábado día 20 de febreiro, a partir das 17:00 horas, con saída dende o Campo dá feira.
Manténse o programa de actos previsto para hoxe venres, no que haberá un baile de disfraces amenizado coa actuación do grupo Montreal, a partir das 23:00 horas, na Praza do Concello, baixo carpa.
Asemesmo, os nenos enenas da Escola Infantil Municipal desfilaron esta mañá polas rúas da vila, sendo recibidos na Casa do Concello, polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño.
O Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira promove o seu III Taller de búsqueda activa de emprego para mulleres, cuxas datas de celebración serán na semana do 15 ó 19 de febreiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Está destinado preferentemente a mulleres desempregadas do noso concello.
As prazas son limitadas e haberá que inscribirse antes do día 12 de febreiro, no Servizo Local de Emprego, na primeira pranta da Casa do Concello (rúa do Carme, 3), ou ben chamando ó número de teléfono: 664 080 257.
Ademáis, a primeira participante en atopar emprego, unha vez rematado o taller, será recompensada cun incentivo relacionado co traballo.
Páxina 259 de 265