O tradicional Belén de cumios que marca o inicio da programación de Nadal en Negreira, vai ter lugar este sábado, día 12 de decembro e, nesta ocasión vai repetir destino coa subida ó Mirador do Monte do Cotro, na parroquia de Santa Cruz de Campolongo, nunha camiñada de aproximadamente dez quilómetros.

O desprazamento de ida e volta dende Negreira a Campolongo farase en autobús, con saída ás 9.30 horas de diante do Centro de Saúde, na rúa de Castelao e, con regreso aproximadamente para as 13.00 horas.

As persoas interesadas deben anotarse antes do venres 11 de decembro na Delegación de Cultura e Deportes, en horario de mañá, ou chamando ao número de teléfono 981 88 58 86.

powered by social2s