A campaña de inverno para rapaces e rapazas nados entre os anos 2002 e 2006 residentes en calquera municipio da provincia, xa está en marcha por parte da Deputación da Coruña. Os participantes gozarán de cinco días na estación invernal de Leitariegos (León), ademáis de participar en cursos de esquí.

 

As inscricións pódense formalizar ata o día 23 de xaneiro na Delegación de Cultura e Deportes. A campaña desenvolverase desde o 19 de febreiro ao 31 de marzo, e a quenda que lle corresponde a o noso concello é a que vai dende o 19 ó 24 de marzo. A Negreira se lle adxudican 4 prazas.

 

As viaxes teñen un custe por participante de 95 euros e inclúen transporte, estadía de cinco días en Leitariegos, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

 

A estación invernal de Leitariegos sitúase no noroeste da provincia de León, na comarca de Laciana, nun excepcional paraxe natural reserva da Biosfera que limita co Principado de Asturias, e conta con 10 pistas balizadas de distintos niveis (5 vermellas, 4 azuis e unha verde) e un snowpark, así como unha escola na que se ofrecen clases de esquí e snwoboard.

powered by social2s

No presente mes de xaneiro ponse en marcha por segundo ano, o programa Psicomotricidade educativa preventiva, na Escola Municipal Infantil, financiado polo Concello de Negreira e que corre a cargo do persoal da empresa Medrando Xuntos S. C. P.

 

Este programa está dirixido ós nenos/as do terceiro ano de Educación Infantil. O desenrolo psicomotor dos nenos/as nesta etapa madurativa é un obxectivo fundamental, pois condiciona tódalas aprendizaxes preescolares e escolares que se adquiren a posteriori.

 

Ata os 6/7 anos hai que contemplar ós nenos/as como seres globales, osea, as aprendizaxes cognitivas, afectivas, e motrices están vinculadas, sendo o movemento e a acción (expresividade motríz) os medios empregados polo neno/a para madurar, aprender, coñecerse, coñecer o contorno, asegurarse dos seus medos, expresase….

 

A psicomotricidade polo tanto non está dirixida só á adquisición de destrezas motrices, senón que tamén favorece os procesos psicolóxicos que acontecen nesta etapa, que están nas bases da adquisición da identidade, da personalidade, autoestima, seguridade emocional, creatividade, capacidade empática, tolerancia a frustración….

 

O neno poderá expresarse, experimenta e aprender grazas a:

 

1.Un clima de xogo libre,

 

2.un espazo diseñado (con material específico para este traballo), organizado e pensado para a expresividade motríz dos nenos/as,

 

3.un adulto que respeta á individualidade de cada quen e que potencia as sáus fortalezas,

 

4.Unha axeitada lectura da expresividade motríz de cada neno/a,…

 

A emoción que espertou o curso pasado este traballo nos nenos/as que asistían, din dende a empresa que é indicador «sen lugar a dúbidas, do importante sentido que ten para eles», ademáis de mostrar a nivel pedagóxico «a trascendencia destas experiencias que se viven na sala de psicomotricidade para a sana evolución dos nenos/as», precisaron.

powered by social2s

Dende o Concello de Negreira desexámosvos boas festas de Nadal e un ventureiro ano novo 2017 coa nosa postal navideña elaborada co debuxo feito polos nenos e nenas da clase de 3 anos C de Infantil, do Colexio de Educación Infantil e Primaria O Coto, gañador do Concurso de Cartaces do Nadal que serve para anunciar a programación de actividades e felicitar as festas no Concello de Negreira.

 

Que por estas festas, a maxia sexa o teu traxe, o teu sorriso o mellor agasallo, os teus ollos o mellor destino, e a túa felicidade o meu mellor desexo... Bo Nadal!

powered by social2s

O Concello de Negreira prepárase para recibir o xoves 5 de xaneiro as Súas Maxestades os Reis de Oriente, cunha Cabalgada polas rúas da Vila e recepción na Casa do Concello as 18:00 h. Unha vez feito o discurso no balcón consistorial, por parte do rei Melchor, o acto rematará no Pavillón do C.E.I.P. O Coto en torno as 19:00 h., onde os nenos poderán recoller un agasallo de mans dos Reis Magos.

 

Tamén se fará entrega dos premios ós mellores escaparates e do Concurso de Carteis de Nadal,  que este ano foi para os nenos e nenas da clase de infantil de 3 anos C do CEIP O Coto.

 

Percorrido da Cabalgada 2016.

 

A comitiva real percorrerá as rúas de Negreira, para que todos os nenos poidan ver as súas maxestades nas carrozas que se están a preparar para ese día. Sairá do campo da feira ás 17:00 h. para despois percorrer a Carreira de San Mauro, Avda. de Santiago, Fonte do Carmen, Camiño Vello, Cachurra e rematar na rúa do Carmen (Casa do Concello). Dende ahí trasladarase o pavillón do colexio pola rúa de Castelao e Rosalía de Castro.

 

En caso de choiva, suspenderíase o desfile e todo o acto trasladaríase ó pavillón do CEIP O Coto a partir das 18:00 h.

 

Para ver o mapa do Percorrido pincha aquí.

 

 

powered by social2s

Trataranse diversos aspectos coma Xeografía, Historia, Arte, Economía, Etnografía, poboación ou personaxes, das 33 parroquias que conforman a comarca de Barcala. Tómase como referencia o libro Xente e Terra de Xallas. Letras da mocidade, editado polo Concello de Santa Comba en 2002, coa autoría do alumnado de bacharelato do instituto Terra de Xallas, baixo a dirección dos profesores Amancio Liñares e Antonio Puentes.

 

O director do IES Xulián Magariños, Adelino Pose Reino, e mailo profesor de Historia, X. Amancio Liñares Giraut, explicaron en Radio Negreira (107.0 FM), o interesante que resulta para o centro este proxecto, cuxos autores serán os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia.

 

As presentacións do libro correrán a cargo do director do centro, Adelino Pose Reino, e dos coordinadores e, contarase con ilustracións de ex alumnos, vinculados aos campos profesionais do debuxo, da fotografía ou das Belas Artes.

O libro será editado polo instituto barcalés e, a intención é presentalo a finais do presente curso académico, para o cal buscarase o financiamento preciso en institucións e entidades, para homenaxear ó conxunto das parroquias barcalesas, a través da investigación e da escrita da mocidade que cursa bacharelato.

 

O proxecto conta ademáis coa colaboración da profesora e escritora Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega. Ela será a encargada do limiar. 

powered by social2s