FOTO ESCOLAS

O Concello de Negreira está a preparar o inicio do curso 2020/2021 das Escolas Deportivas e Culturais, que debido á pandemia da Covid-19 non poderá comezar nos prazos habituais.

 

A Delegación de Cultura e Deportes xa conta dende o mes de agosto dun protocolo de reapertura das instalacións deportivas e culturais, pero está á espera que a Xunta de Galicia envíe o protocolo específico para as actividades culturais e deportivas.

 

A intención do Concello de Negreira é a de iniciar as actividades o luns 2 novembro, sempre e cando a situación epidemiolóxica sexa favorable.

 

Os prazos para anotarse nas actividades irá dende o 23 de setembro ata o 23 de outubro, e faránse prioritariamente de forma telemática na web municipal.

 

Protocolo reapertura instalacións deportivas

Protocolo reapertura instalacións culturais

powered by social2s

Avenida Barcala Negerira

As obras, en fase de licitación, suporán un investimento de 187.741,51 euros, con cargo ao Plan Único (POS+2019) da Deputación da Coruña, coa renovación do firme en agomerado en quente das avenidas de Barcala e As Brañas, no centro urbano.

 

As obras, en fase de licitación ata o vindeiro 5 de outubro, permitirán renovar o firme actualmente deteriorado destas céntricas rúas cunha capa de aglomerado en quente de 6 centímetros de espesor e rego de adherencia, o que mellorará a seguridade do tráfico.

 

Ademáis da renovación do pavimento, o proxecto incluirá o pintado das marcas viais e cebreados e a renovación da sinalización horizontal e vertical.

powered by social2s

 

Foto doa

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS), segue a impulsar medidas para garantir a continuidade deste servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos ingresados nos hospitais de Galicia, que cada mes precisan 10.000 doazóns de sangue para atender aos pacientes.

 

O seu traballo depende da colaboración diaria das distintas institucións, concellos, centros docentes e empresas galegas e aínda máis nestas circunstancias actuais pola Covid19.

 

O sangue non se pode fabricar e so é posible obtelo grazas á doazón de persoas solidarias que axudan ás persoas enfermas a recuperar a saúde.

 

O vindeiro 17 de setembro (xoves), unha unidade móbil de ADOS desprazarase a Negreira para atender á veciñanza que acuda a doar sangue, diante do Centro de Saúde, na rúa de Castelao, en horario de 15.30 a 21:00 horas.

 

#súmateaonosoequipo

 

http://ados.sergas.es

powered by social2s

Covid G

Dende o Concello quérese agradecer á cidadanía de Negreira a responsabilidade e cumprimento das medidas de prevención para reducir o número de contaxios da Covid-19, e que a día de hoxe, venres 11 de setembro, sitúanse en 21 casos activos, logo de comezar a presente semana con 27 casos, segundo a información facilitada polas autoridades sanitarias.

 

Lembramos que seguen vixentes as medidas de prevención que, con carácter xeral, se estableceron no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xuño de 2020, de cara a facer fronte á crise sanitaria desatada pola nova enfermidade, polo que cómpre seguir nesta mesma liña de responsabilidade, prevención e moita prudencia no noso día a día.

 

 

Dende a Alcaldía, Manuel Ángel Leis Míguez apela á "responsabilidade e sentidiño á hora de facer as cousas", recalcando que a situación "é a que é, e isto non rematou, polo que temos que aprender a convivir co virus", manifestou o alcalde.

powered by social2s

O Concello de Negreira, a través dun bando de Alcaldía, procede a facer público o peche de instalacións como os parques infantís, as instalacións deportivas ao aire libre, a piscina exterior e maila Casa da Cultura e o Centro Sociocultural, a raíz da detención dun aumento dos casos de infección producidos polo coronavirus (COVID-19), no noso concello e co fin de evitar un maior aumento dos mesmos, a Alcaldía considera necesario adoptar unha serie de medidas.

 

Cando o peche de instalacións municipais, o Concello tamén suspende as actividades de conciliación como o campamento urbano Respira e mailos obradoiros Diververán, que remataban este luns 31 de agosto. Por conseguinte, tamen se suspenden tódalas actividades culturais ata o novo aviso.

 

O Concello de Negreira quere lembrar a toda a veciñanza que é imprescindible cumprir coas recomendacións das autoridades sanitarias para previr e frear a transmisión da Covid-19.

 

 

Attachments:
Download this file (BANDO.pdf)BANDO.pdf
powered by social2s