Principal

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañados dos deputados José Manuel Pequeño e Blas García e de técnicos do servizo de Vías e Obras, visitaron hoxe o noso concello, onde comprobaron a execución das obras das sendas peonís que discorren pola ruta xacobea do Camiño de Fisterra-Muxía.

 

En Negreira, a Deputación está executando un importante proxecto, cun investimento superior aos 800.000 euros, para a construción de catro novos tramos de sendas ao longo da estrada DP 5603 que une Negreira co Marco do Cornado. En total, estanse construíndo 5,1 quilómetros de sendas en catro tramos situados entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

 

O presidente da Deputación, explicou que as sendas realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, “o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias”, se o cal “proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias”, sinalou González Formoso.


NEGREIRA


González Formoso tamén destacou que “para nós Negreira é unha vila de referencia no interior da provincia porque segue o modelo de futuro que queremos implantar para loitar contra o despoboamento xa que aquí faise unha aposta decidida polo turismo, e polo camiño concretamente, pero por outro lado non renuncian á industria nin á súa tradición agraria”.
Pola súa banda, o alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis, agradeceu a visita do presidente para interesarse pola evolución do proxecto destacou a importancia dun investimento “fundamental para garantir a seguridade e que vimos demandando hai tempo desde o Concello de Negreira”.
As obras divídense en catro tramos, o último dos cales, 1,8 quilómetros que discorren polo núcleo de Vilaserío xa está rematado. Nos tres tramos restantes están comezando as actuacións á espera das autorizacións necesarias por parte de Augas de Galicia e do traslado dos postes dos servizos afectados (telecomunicacións e electricidade).


Estrada Pontenafonso

González Formoso anunciou durante a visita de hoxe que a Deputación aprobará no pleno do 30 de outubro, dentro dun expediente de modificación de créditos, a dotación económica para a segunda fase das obras de ampliación da DP 5602 Negreira-Pontenafonso, que contan cun orzamento de 1.266.128,78 euros, ao que hai que sumar os 174.697,96 euros investidos nas expropiacións de terreos, xa realizadas.


Unha vez aprobada a consignación económica, a Deputación procedería a dar luz verde definitiva ás obras no mes de novembro,
O presidente da Deputación incidiu na importancia desta actuación xa que “é unha demanda histórica nunha vía que vertebra o interior do municipio” e agradeceu “aos veciños e veciñas da zona a súa colaboración”.

 

NEGREIRA 2


As obras suporán a ampliación da plataforma da estrada nun tramo de 2,5 quilómetros que vaidende o PK 6+105 ao 8+630, preto da ponte Barbazán, dotando ao vial dunha calzada de 7 metros de ancho e arcéns de 0,5 metros naqueles puntos nos que a liña de planeamento o permita. Levaranse a cabo tamén traballos de corrección de trazado nas curvas máis perigosas, acondicionamento de drenaxe lonxitudinal e transversal da vía e sinalización.

powered by social2s

coro

O Concello informa de que o número de casos activos de Covid19 en Negreira é a día de hoxe, e segundo datos aportados polas autoridades sanitarias, de 7 casos, detectados a través das probas PCR que Sanidade está a facer entre a poboación. E aínda sendo moi positiva a evolución á baixa nas últimas semanas, lémbrase á veciñanza a importancia de manter as medidas de protección como evitar o contacto masivo e mailo uso de máscara en todos os ámbitos, con especial chamamento nas xuntanzas de amizades e familiares.


Lémbrase que dende hoxe as reunións de ocio familiares e de amizades están limitadas a un máximo de dez persoas, tanto no ámbito privado coma público, sempre e cando non sexan persoas conviventes.


Cómpre lembrar que entre todos e todas debemos apelar á responsabilidade individual para conter o avance do novo virus e así, evitar a súa propagación entre a cidadanía.

powered by social2s

Foto DV

Contacontos, concertos, monólogos, unha exposición ou a primeira Noite Romántica, conforman un atractivo e compreto programa do Outono Cultural 2020 que o área de Cultura do Concello de Negreira deseñou para este mes de outubro, recuperando o pulso cultural cunha variada oferta para tódolos públicos.
A destacar concertos como o do grupo De Vacas, este domingo 11 e o venres 9, o concerto didáctico de Abraham Cupeiro; o Ciclo de Monólogos con Víctor Fábregas, o venres 16, e David Amor, o venres 23 súmanse á oferta do mes de outubro. Tamén a primeira Noite romántica, o sábado 17 en sete establecementos de restauración e hostalería.


Programación
Martes 6 - Contacontos infantil con Elefante elegante, con "Lobo bobo". Centro Sociocultural, ás 17:30 horas
Venres 9 - Concerto didáctico con Abraham Cupeiro, con "Resoando no pasado". Auditorio Centro Sociocultural, ás 19:00 horas
Domingo 11 - #Feireando
Teatro musical con Rodarirrodari, ás 11:30 no Campo da Feira
Concerto de De Vacas, ás 12:15 horas na Praza do Concello
Martes 13 - Contacontos infantil con Animar-T, con "A casiña de cartón". Centro Sociocultural, ás 18:00 horas
Venres 16 - Ciclo de Monólogos. Víctor Fábregas presenta "Inmortal". Auditorio Centro Sociocultural ás 21:00 horas. Entrada: 5 €
Sábado 17 - Noite romántica. Locais participantes: Casa Barqueiro, tapería A Esmorga; restaurante Mezquita; restaurante O Rueiro, A Nosa Taberna, cervecería O Cotón e restaurante Casa Néboa.
Do luns 19 ao 16 de novembro - Exposición: "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción". Centro Sociocultural
Martes 20 - Contacontos infantil con Marta Ortiz, con "Canta, Buguina, canta". Centro Sociocultural, ás 18:00 horas
Venres 23 - Ciclo de monólogos. David Amor con "Love está en el aire". Auditorio Centro Sociocultural, ás 21:00 horas. Entrada 5 €
Domingo 25 - #Feireando
"O cego na feira", ás 12:30 horas, no Campo da Feira


Nota
Garantízase as medidas vixentes de hixiene e protección
Prazas limitadas ata completar aforo
Obrigatorio uso de máscara en todas as actividades
As actividades poden sufrir variacións ou anulación por motivos metereolóxicos ou sanitarios

powered by social2s

4G8A6251

A organización da Carreira Popular de Negreira “A Clásica”, que recae no Concello de Negreira, lamenta ter que comunicar a decisión de cancelar a celebración da proba na súa 41ª edición, prevista para o día 8 de novembro.

 

Quixemos apurar as opcións para a súa celebración de forma segura para as/os corredoras/es, pero a evolución da situación sanitaria pola Covid-19 e a incerteza do futuro próximo obríganos a renunciar a acoller un evento que reúne máis de 1.500 participantes anualmente.

 

Foto 2

 

Facemos este anuncio tristes, pero coa ilusión de que o próximo novembro do 2021 a situación sexa ben diferente e dende hoxe comezamos a traballar para que a 41ª edición de A Clásica sexa coma sempre unha gran festa do deporte e do atletismo en Negreira.

 

Seguiremos traballando dende xa para celebrar xuntos a vindeira edición nas mellores condicións, esperando que os próximos meses nos deparen un escenario máis certo e seguro do que vivimos agora.

 

Volveremos con máis ilusión e máis forza e coa certeza de que lle gañaremos ao virus. Tamén queremos mandarlles unha grande aperta e agradecemento ás empresas, colaboradores e a todos os atletas que participaron con nós noutras edicións, especialmente a aqueles que a Covid-19 golpeou máis duramente.

powered by social2s

coro

Segundo a información da que dispón o Concello de Negreira por fontes sanitarias, o municipio leva varias semanas cunha clara incidencia da Covid-19 á baixa logo de terse estabilizado os contaxios superado o ecuador do mes de setembro.

 

Nos últimos días, a situación mantense cunha baixa incidencia, con menos de 15 casos activos, pese á proximidade e os vínculos sociais cos municipios de Ames e Santiago de Compostela, polo que cómpre seguir extremando as precaucións e lémbrase a importancia de manter as medidas de prevención: uso obrigatorio de máscara; distancia social e hixiene frecuente de mans, de cara a seguir minimizando a propagación da nova enfermidade entre a nosa veciñanza.

powered by social2s