data limite

O Servizo de Infraestructuras Agrarias, dependente da Consellería do Medio Rural, fai saber que a data límite para solicitr o cambio de titularidsade por compravenda dos predios de substitución do acordó de Concentración parcelaria de Aro-Campelo e Gonte II, no concello de Negreira, é a do 28 de febreiro de 2023.

 

 

Trátase do anuncio de data do 8 de febreiro de 2023, do Servizo de Infraestructuras Agrarias. A directora xeral de Desenvolvemento Rural emitiu resolución segundo o previsto no artigo 41.3 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial de Galicia, na que se acorda establecer como data límite para solicitar cambios de titularidade por compravenda, o 28 de febreiro de 2023 (inclusive).

 

Para isto poderán presentar ante o Servizo de Infraestructuras Agrarias da Coruña:

1 – Solicitude de cambio de titularidade

2 – Escritura pública e liquidación do imposto correspondente

 

En todo caso, a persoa aquirente queda subrogado na posición do anterior titular, coas limitacións, deberes e obrigas que resulten do proceso.

 

Nota: No caso de falacemento do titular e cando exista partición de herdanza, se admitirán cambios de titularidade, ata a firmeza do acordo, sempre e cando esta partición afecte a predios de substitución íntegros.

 

Attachments:
Download this file (Anuncio.pdf)Anuncio.pdf
powered by social2s

xornadaInformativaSobreANovaPac

 

Negreira acolle unha xornada informativa sobre a nova PAC (Política Agraria Común), promovida dende a Oficina Agraria Comarcal, o luns día 13 de febreiro no auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), a partir das 11:00 horas.

Dita xornada que está dirixida a explotacións agrarias da comarca de Barcala, vai ser impartida por Javier Franqueira, xefe do Servizo Territorial do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria) na Coruña.

As axudas da Política Agraria Común son fundamentais para a viabilidade das explotacións agrarias da comarca de Barcala. Ata finais do pasado 2022 no empezaron a sair as novas normativas que acompañarán este proceso, polo que non houbo demasiado tempo para dar a coñecer todas as novidades, que ademais, son moi importantes coma no caso das que afectan ao que antes coñecíase como pago verde, que suponía un 25% da axuda. A modificación é sustancial no relativo a cuestión medioambientais.

powered by social2s

ponte2

Unha das grandes eivas históricas nas comunicación viarias de Negreira e a súa comarca, teñen encarrilada unha solución de futuro, tras moitos anos caída no abandono. A Ponte Ínsua, o estreito viaducto sobre o río Tambre, que une Negreira con Brión, ten máis preto a súa ansiada ampliación da plataforma. Cun elevado tráfico diario, na actualidade conta cun ancho de 3,5 metros –un carril- polo que non permite a circulación nos dous sentidos e ten unha limitación de peso para 16 toneladas.

O pasado venres 3 de febreiro, celebrouse na sede da Deputación da Coruña unha importante reunión presidida por Valentín González Formoso, presidente da institución, e mailos alcaldes de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, e Brión, Pablo Lago Sanmartín, a través dunha solicitude de mellora conxunta dos dous concellos.

Na reunión cos técnicos do servizo de Vías e Obras da Deputación da Coruña, avaliuse cal das distintas opcións expostas no estudo técnico previo realizado sería a máis viable técnica e economicamente para mellorar a seguridade garantindo o tráfico simultáneo nos dous sentidos de circulación, algo que agora non se pode facer, dado que a ponte actual conta cun ancho útil de apenas 3,50 metros.

A este problema súmase a limitación do peso autorizado a 16 toneladas, o que perxudica gravemente ao sector do transporte e obriga a non poder desviar o tráfico pesado da zona monumental do pazo do Cotón, polo que segundo sinalaron os alcaldes, moitos vehículos pesados ou os tractores vense na obriga de dar rodeos de ata 20 quilómetros polas limitacións da ponte.

 

Solución prevista

Para arranxar estas eivas, en primeiro lugar, a Deputación realizará un estudo das características estruturais da ponte, co obxectivo de garantir que a subestrutura actual soporte a actuación prevista, que consistirá na instalación dunha nova plataforma, máis ancha e elevada que a actual.

A anchura total prevista do novo taboleiro da ponte será de 9,80 metros, con carrís en ambos sentidos de 3 metros, beiravías de 0,50 metros, beirarrúa de 1,50 metros e espazos para barreiras de 0,65 metros.

Ademáis de permitir o tráfico seguro nos dous sentidos simultaneamente, as obras habilitarán un paso peonil seguro do que o viaduto carece a día de hoxe.

A actuación suporá un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros e esixiría o recrecido das pilas nuns dous metros aproximadamente, dotándoas dos reforzos necesarios. Nos estribos sería necesario acometer tamén ampliacións laterais para acomodar a nova anchura de 9,80 metros e dotalos de apoios dobres, o que permitiría transferir a torsión acumulada ao longo do taboleiro.

powered by social2s

foto fran

O auditorio Afonso Eanes do Cotón volverá a acoller este venres 10 de febreiro, a XI Gala do Deporte na que se recoñecerá aos mellores deportistas e clubs de 2022 nun evento que comezará ás 21:00 horas. Non faltarán as actuacións artísticas e a presenza dun padriño moi especial: Fran González, o mítico 10 e capitán do Superdépor na década dos 90 en que o club herculino logrou os seus maiores fitos deportivos como unha liga de Primeira División no ano 2000 e dúas Copas do Rei (1995 e 2002), así como tres Supercopas de España (1995, 2000 e 2002). Fran é un dos futbolistas máis queridos que militou no RC Deportivo, quen comezou a súa traxectoria coma deportivista no ano 1988 e rematouna no 2005. Tamén foi internacional absoluto coa Selección Española (1993-2000), con dezasete partidos e dous goles. Desputou a fase final da Eurocopa 2000 e é pai do xogador Nico González, actualmente no Valencia CF.

 

Asemade, durante a XI Gala do Deporte entregaranse os seguinets premios:

- Mellores deportistas promesas

- Mellor deportista

- Mellor club

- Recoñecemento traxectoria

- Recoñecemento colaboración

- Recoñecementos especiais do xurado

powered by social2s

Concello2

A Corporación municipal de Negreira celebra o mércores, día 8 de febreiro de 2023, unha sesión extraordinaria do Pleno, a partir das 20:00 horas, coa seguinte Orde do día:

 

1º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ 2023”.

 

2º.- Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) “POS+ ADICIONAL 1/2023 Gastos sociais extraordinarios”.

 

Attachments:
Download this file (Convocatoria.pdf)Convocatoria.pdf
powered by social2s