O departamento municipal de Servizos Sociais informa sobre as Axudas urxentes de tipo social (Auxs) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión.

Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:

a.      Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

b.      Ser o titular do contrato de subministración eléctrica. (Ás persoas en aluguer asístelles o dereito a solicitaren ser titulares das submnistracións da vivenda alugada)

c.       Ter contratada a tarifa de último recurso (TUR) con aplicación do bono social de consumidor vulnerable severo (desconto do 40 %), para o que deberán cumprir os límites de renda establecidos.

d.      Estar en risco de exclusión social, o que será acreditado mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais. InformeSocial_AUXS.pdf

e.      Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións.

Máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Negreira.

powered by social2s

O Concello de Negreira estará representado por 5 equipos na fase final comarcal da Liga de Fútbol Sala Escolar Barcala-Xallas-Muros, do programa Xogade, da Xunta, a celebrarse este domingo no pavillón municipal de Miraflores, na localidade de Muros, e que organiza a Escola Deportiva Os Miúdos.

 

A Escola de Futsal do Concello de Negreira preséntase en Muros con dous equipos (benxamín e alevín), campións da liga regular, pois gañaron os seis partidos, xunto con outros dous nestas dúas categorías, quenes lograron a terceira praza. Nesta edición, tamén se vai xogar a fase final na categoría pre-benxamín, onde o Negreira A clasificouse como cuarto.

 

PREBENXAMÍN

09:50 | Os Miúdos - Brión

10:40 | Amarelle A - NEGREIRA A

BENXAMÍN

11:30 | Os Miúdos A - NEGREIRA B

12:20 | NEGREIRA A - Brión

 

ALEVÍN

13:10 | Os Miúdos A - NEGREIRA B

14:00 | NEGREIRA A - Brión

 

 

 

FINAIS

16:00 | Prebenxamíns

16:50 | Benxamíns          

17:45 | Alevíns

Consulta aquí a clasificación final da fase regular

powered by social2s

Os Servizos Sociais Comunitarios informan que desbloqueanse as pensións non contributivas para os pensionistas de Venezuela, residentes en Galicia, debido á actualización dos tipos de cambio do bolivar.

Poden ser beneficiarios:

* Os maiores de 65 anos que teñan 10 anos de residencia en Galicia desde os 16 anos ata á idade actual, e dous destes teñen que ser inmediatamente anteriores á solicitude da pensión e que non se ausentaran do país máis de 90 días nestes 2 anos.

* Os menores de 65 anos co 65% de discapacidade emitido pola Xunta de Galicia e 5 anos de residencia en Galicia, dous inmediatamente anteriores á solicitude e non se ausentaran do país máis de 90 días nestes 2 anos.

* Non superar o límite de ingresos legalmente establecido segundo o número de convivintes.

Solicitudes e máis información, nas oficinas de Servizos Sociais, na pranta baixa da Casa do Concello (rúa do Carme, 3).

powered by social2s

O Concello de Negreira colabora na realización dunha serie de talleres para a difusión do método educativo Montessori, unha das filosofías educativas máis estendidas e recoñecidas dentro das pedagoxías alternativas, e que se caracteriza por ser un dos métodos máis «respetuosos e beneficiarios ó ter en conta os ritmos, intereses e necesidades vitais dos nenos», segundo destacou a concelleira de Educación e Servizos Sociais, María Jesús Veiga Hortas.

María Montessori, mestra é médica de profesión, foi a mentora deste método. Este curso se vai a impartir a través de tres talleres durante tres sábados: 23 de febreiro; 9 de marzo e mailo 6 abril, de 10:30 a 14 horas, na Casa da Cultura. Para isto, apoiámonos no coñecemento, na experiencia e o saber facer dunha nai e guía Montessori, Ana Belén Vieito Agra, mestre de ioga para menores e adolescentes.

Ó longo de tres módulos repartidos en tres meses, preténdese que tanto os profesionais da ensinanza coma calquera outro colectivo ou particular afectado e impricado pola súa labor educativa, coñezan este método, e a sua aplicación práctica na vida diaria.

No primeiro taller (23 de febreiro), abordarase a importancia dos seis primeiros anos de vida. No segundo (9 de marzo), a formación da personalidade, temperamento e carácter, e no terceiro (6 de abril), o acompañamento emocional: Liberdade e límites.

Máis información e reserva de prazas en: www.ioagana.com.

powered by social2s

O Auditorio de Negreira albergará unha das tres fases de zona do Club de debate previas á gran final de 2019 e dentro da iniciativa que desenvolven os equipos de Normalización Lingüística. Será o venres día 5 de abril, nas instalacións do Centro Sociocultural, e coa participación dun equipo do instituto Xulián Magariños, en representación do Concello de Negreira, así como centros educativos de Rianxo (IES Félix Muriel), Dodro (CPI Lourenzo Baleirón), e de Ferrol e Oleiros.

 

A primeira toma de contacto produciuse o pasado luns en Rianxo, cunha xornada de preparación e un simulacro para os equipos participantes na fase de zona de Negreira, e que xunto coas de Pontevedra e Ames, decidirán os equipos que se clasifican para a gran final.

 

¨Hai liberdade de expresión nos medios de comunicación¨, é a temática escollida polos centros de ensino participantes na fase de zona de Negreira. Participan equipos mixtos de entre 4 e 10 estudantes de 3º e 4º da ESO, e de 1º de bacharelato e ciclos formativos.

powered by social2s