26m_portada270519.jpgA veciñanza de Negreira votou cun 72,18% de participación e 4.079 votantes e unha abstención do 27,82% (1.572), con 40 votos en blanco e 60 nulos, onde a vitoria foi para o Partido Socialista por unha axustada diferenza de catro votos ata un total de 1.787 sufraxios (44,46%) por 1.783 (44,36%) do Partido Popular. O Bloque Nacionalista Galego foi a terceira forza con 247 votos (6,15%) e Ciudadanos, na cuarta posición con 159 sufraxios (3,96%).

 

A participación nestes comicios medrou ao redor de dous puntos nas eleccións municipais. Moito máis significativo foi o dato de participación nas eleccións ao Parlamento Europeo, que medrou máis de vintecinco puntos con respecto a fai cinco anos, nas anteriores eleccións europeas.

 

resultadosNegreira.jpg

powered by social2s

portada_certameArdeiro240519.jpgO gañador do VII Certame de Poesía ¨Xosé M. López Ardeiro¨, o brionés Raúl Gómez Pato veu recoller ao Auditorio Vello da Casa da Cultura de Negreira 200 exemplares que formaban parte do premio do certame.

 

O acto tivo lugar ás once e media da mañá coa presencia do propio gañador e mailo alcade Jorge Tuñas Caamaño e os membros do xurado José Antonio Ponte Far, Xulio López Valcárcel, así como o o secretario xeral de Políticas Culturais, Anxo Manuel Lorenzo Suárez, cuxo departamento colabora coa organización do certame de poesía na súa promoción e coa edición do poemario

 

O fallo do xurado a favor da obra do gañador do certame foi dado o pasado decembro, nun acto literario-musical celebrado no Auditorio do Centro Sociocultural.

 

gañador_certameArdeiro240519.jpg

powered by social2s

logo230519.jpgInfórmase á veciñanza que con motivo da celebración este sábado 25 de maio, do 4º Triatlón Solidario do Concello de Negreira, procederase á reubicación tanto da parada de autobuses de liña como da parada de taxis, en horario de tarde.

 

A parada de autobuses de liña trasládase á avenida das Brañas, diante de Breogán Deportes. A parada de taxis situarase na rúa Rosalía de Castro.

powered by social2s

rutómetro_portada240519.jpgA cuarta edición do Triatlón Solidario Concello de Negreira celébrase este sábado 25 de maio, dende as cinco e media da tarde, hora na cal se programou a saía de participantes masculinos individuais, logo sairán as competidoras femininas individuais, e por último, daráse a saía na categoría de equipos por relevos.

 

A competición comezará na Ponte de Ons, co sector de natación, que consistirá en nadar 750 metros nas augas do encoro do Tambre. Contando os horarios de saída, os triatletas máis rápidos rematan o sector en 10 minutos, e os últimos empregarán aproximadamente 20 minutos, polo que a proba rematará ás 18:00 horas.

 

Ao rematar esta proba acuática, os participantes pasarán á proba de ciclismo, cun percorrido de 20 quilómetros, con saída na Ponte de Ons. O recorrido discorrerá cruzando a estrada CP-1302, e continuará polas rúas de Vilachán de Abaixo, seguindo pola avenida de Vilachán, xirarán á dereita na avenida de Barcala, e continuarán pola rúa Camiño Vello e pola avenida de Santiago, continuando por esta estrada ata o punto de retorno, onde será o xiro, volvendo pola mesma estrada, xirando á esquerda na Barquiña, un novo xiro á esquerda en Fontán e xirando á dereita para continuar pola rúa Malecón, onde se cumpre unha volta. En total serán tres voltas ao circuito de bicicleta. Os triatletas entrarán na zona de transición, situada no Campo da Feira, na que deixarán as bicicletas nos soportes habilitados para elo.

 

Os primeiros triatletas completarán este percorrido en bicicleta aproximadamente ás 18:15 horas, e os da cola sobre as 18:55 horas.

 

A última proba será unha carreira a pé con 5 quilómetros de percorrido. Comeza a proba saíndo do Campo da Feira, cun percorrido que será circular e de tres voltas, e que contará coa seguinte ruta: Súbese pola praza de Ferreiro para enlazar coa Carreira de San Mauro, rúa Cidade de Vicente López, Cachurra e dá unha volta ao redor da praza do Concello, para logo encarar a rúa do Carme e volver á meta, situada baixo o arco principal do Pazo do Cotón.

 

Os primeiros triatletas rematarán a proba sobre as 18:35 horas e os últimos sobre as 19:20 horas.

powered by social2s

portada_copaAkai23052019.jpgO sábado 18 de maio, o Polideportivo Pedra Mámoa acolleu a sétima edición da Copa Akai, organizada por Ainhoa Rodríguez en colaboración co Concello de Negreira xunto á Federación Galega de Karate. Un evento no que se deron cita 500 deportistas de 31 clubs de Asturias, Cantabria, Madrid, Andalucía, Castela e León, A Rioxa, Galicia e Portugal, xunto á Selección Española e a Selección Galega.

 

A Selección Española formada por 8 deportistas Campións de España, e capitaneada polos seleccionadores nacionais Jonatan Hortas e Eduardo Flores, obtivo un total de 7 ouros, unha prata e un bronce. O total de ouros conseguidos pola Selección Española no campionato, fíxolles gañadores da Copa Akai Ryu, un trofeo que se lle outorga ano tras ano ao club ou selección que consiga máis ouros na competición.

 

O Club Waseda de Asturias conseguiu 5 ouros, seguidos polo Shihan (de Galicia) e o Ximnasio Areas (de Asturias), por tres.

 

Os resultados dos integrantes da selección española foron: Alejandra Gómez (ouro en Kata Infantil feminino), Elisey Yagudin (ouro en Kata Infantil Masculino), Iván Martín e Mario Parra (ouro e prata en Kata Xuvenil Masculino respectivamente), *Álex Morais (ouro en Kumite Infantil +45kg), Iván Montenegro (ouro en Kumite Xuvenil -54kg), Oihane Apelllaniz (ouro en Kumite Xuvenil feminino -42kg), Natalia Alonso ( Kumite Xuvenil feminino +52kg), Eva Otero (bronce en Kumite Xuvenil -52kg).

 

A Selección Galega, que participaba cun total de seis deportistas, obtivo 3 preseas con: Nicolás Carnota (prata en Kumite Infantil), Samuel Fontenlos (bronce en Kata Infantil) e Antón Souto (bronce en Kata Xuvenil).

 

Os anfitrións, deportistas do Akai Ryu, conseguiron os seguintes resultados:

 

Nicolás Carnota (competindo coa Selección Galega), logrou a prata en Kumite Infantil Masculino +45kg, tras perder a final por un axustado 1-0 contra o competidor da Selección Española. 

Nerea García, tamén se fixo coa prata en Kata Benjamin Feminino.

Ronsel Osorio, conseguiu a prata en Kumite Infantil -42kg.


Pola súa banda, Daniela Barbazán, alzouse co Bronce en Kata Alevin Feminino, igual que Aitana Pérez, que obtivo o bronce en Kata Alevin Feminino.
Aya Fathallah, obtivo o bronce en Kumite Junior +53kg, mentres que Markel Villaverde, Gabriel Furelos e Lle Zhou, perderon o bronce nas súas respectivas categorías, conseguindo finalmente quintos postos.

pie_copaAkai230519.jpg

powered by social2s