O Concello Negreira celebrará unha reunión informativa á que se convocou a todos os afectados pola posta en marcha do novo parque eólico de Banzas.
A xuntanza será o vindeiro xoves 29 de agosto ás oito e media da tarde no Local Social de Campolongo.
A instalación dos aereoxeneradores afectará a os propietarios de terreos nos concellos de Negreira, Outes e Mazaricos, e agardase que saia a exposición pública a finais deste ano.
A partir de setembro comezará o novo Obradoiro de Emprego "Xóvenes2019" coa participación dos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia concedeulles unha subvención aos concellos da Baña, Negreira, Santa Comba e Val do Dubra para a posta en marcha do Obradoiro de emprego “XÓVENES2019” para formar a 16 persoas durante seis meses en dous módulos formativos sobre Agricultura ecolóxica de nivel 2 e Animación físico-deportiva e recreativa de nivel 3.
As persoas beneficiarias son xente nova de entre dezaoito e trinta anos inscritas e en situación de beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da CC.AA. de Galicia.
O programa empezaría a mediados de setembro e a sede do obradoiro estará no Concello de Val do Dubra, que actúa como concello promotor. Pódese obter máis información na Oficina de Emprego Santiago-Norte.
Galeuropa 2019
Empezará ás dez da noite Xabier Diaz, cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, que formou parte de grupos coma Rumbadeira, Nova Galega de Danza e Berrogüetto.
A continuación, a partir das once e media chegaralle o turno a Leilía, coñecidísimo grupo de cantareiras e pandereiteiras que está a celebrar o seu trinta aniversario.
Para pechar esta noite máxica, a partir da unha da mañá estará outro clásico como A Roda, grupo formado en 1976 por un grupo de amigos vigueses que adoitaban cantar músicas populares polas tabernas.
Este sábado día 17, a partir das dez da noite, no Refuxio dos pescadores de Covas, volve a Noitefolk.
A Asociación Terras de Compostela, está a organizar un Plan de formación de “Transformación e Conservación de Produtos Agrarios” dirixido principalmente a persoas mozas que inicien novos proxectos agrarios e persoas vinculadas ó rural que queiran diversificar a súa actividade.
Os interesados e interesadas do noso concello poden reservar praza a través do teléfono 981 81 53 57 ou a través do mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
·Lugar: Centro Socio Cultural do Castiñeiriño (Santiago)·Días: 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24, 26 de setembro·Horario: 16:30 – 20:30
Páxina 120 de 260