A compañía Teléfonica Móviles España, SA, informa que vai proceder á limpeza de biomasa en fincas nunha faixa de 5 metros de distancia até as liñas, como lles obriga a lexislación vixente.

 

Trátase das liñas que suministran á estación de Forniños EB, sita no lugar de Forniños, na parroquia de San Pedro de Xallas, e que parte dende a estrada provincial DP-5602 de Negreira a Ponte Nafonso.

powered by social2s

O actor Carlos Blanco actuará o venres día 3 de xaneiro de 2020 no Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 21:00 horas, dentro da programación de Nadal do Concello de Negreira.

 

Carlos Blanco decide revisar algún dos seus mais coñecidos monólogos. As bravas da Arousa (queres kiwis?), a dobraxe porno; galizara, as grandes frases das nosas avóas…en 60 minutos de risas garantidas, porque Carlos introduce ademáis cada noite elementos de actualidade e improvisación. Carlos adapta, xoga, fai jazz coa palabra e resulta imprescindible nestes tempos onde a risa é algo máis ca terapéutica. O mellor do mellor. Os monólogos escollidos de Carlos Blanco.

 

Venda de entradas anticipadas: 10€ en Restaurante Casa Barqueiro e Delegación de Cultura.

 

Na billeteira: 12€

 

Non recomendado para menores de 13 anos.

powered by social2s

As gañadoras do primeiro Concurso Fotográfico sobre a Muller, convocado polo Centro de Información á Muller, do Concello de Negreira, fallados polo xurado no día de hoxe, son as seguintes:

 

- Categoría maiores de 18 anos. Premio consistente nunha cámara de fotografía instantánea para:

 

Isabel Insua Barca, coa imaxe: Retratos dunha vida de sacrificio anónimo.

 

 

- Categoría menores de 18 anos. Premio consistente nunha cámara de fotografía deportiva para:

 

Aldara Tuñas Búa, coa imaxe: O teu sorriso dáme vida.

 

 

A entrega terá lugar este sábado 23 de novembro, ao remate da VIII Andaina ¨Negreira Camiña contra a Violencia de Xénero¨, no Centro Sociocultural.

powered by social2s

Para cumprir co proceso de liberación do Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT. Informámoslle que, ditas actuacións realizaranse o martes día 26 de novembro no centro de extensión de cobertura de TDT de Babión.

 

O proceso consiste no apagado neste centro da frecuencia de emisión actual do múltiple autonómico e acendido na nova frecuencia asignada: 

 

- Canle 31 (MUX AUTONÓMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD. 

 

Para poder seguir desfrutando desta canle, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por vía telefónica - 881 866 388 - ou na web www.tdtgalicia.gal.  A continuación, bastará con realizar unha busca da nova canle no receptor de TDT.  

 

De cara a facilitar a información aos veciños, anexamos as entidades de poboación do concello que, segundo os cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Babión como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio: 

 

 

powered by social2s

Hoxe tivemos unha actividade de dinamización da igualdade, promovida polo Centro de Información á Muller (C.I.M.), dentro das actividades conmemorativas do 25N Día Mundial contra a Violencia de Xénero, baixo o título: ¨Igual a nós¨, coa participación da veciñanza e cos seguintes obxectivos:

 

- Mellorar a calidade de vida das mulleres.

- Sensibilizar na educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero.

- Concienciar para a ruptura dos estereotipos de xénero.

- Potenciar o uso das tecnoloxías como ferramentas de comunicación e formación.

- Fomentar a participación e o encontro entre mulleres como mecanismo de mellora da autoestima persoal e grupal.

 

powered by social2s