containers

 

A Mancomunidade de Concellos do Tambre, formada polos concellos de Negreira e A Baña, comunica que, por motivos de forza maior, na presente semana non se efectuará a recollida de residuos sólidos orgánicos na meirande parte das parroquias de ambos municipios.


O servizo prestaráse nos principais núcleos como a vila de Negreira e San Vicenzo, así como nalgunhas zonas próximas ás capitais municipais, debido a que o servizo só dispón dun vehículo para a recollida e atoparse de baixa dous operarios, polo que resulta difícil chegar a todos os núcleos de Negreira e A Baña.


Comunícase que a previsión é que o servizo poida restablecerse con normalidade a partir da vindeira semana.


Desculpen as molestias.

powered by social2s

 fotoweb 1

O alcalde do Concello de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, convocou para o venres, día 21 de outubro de 2022 ás 14:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, unha sesión extraordinaria do Pleno da Corporación Municipal conforme á seguinte orde do día:

 

 1º.- Conceder o título de Fillo Predilecto do Concello de Negreira, a Don Andrés Barbazán Ferreiro.

 2º.- Conceder o título de Filla Adoptiva do Concello de Negreira, a Dona María del Carmen Álvarez de Ron Riopedre.

 3º.- Conceder o título de Fillo Adoptivo do Concello de Negreira, a Don Amador Rodríguez Troncoso.

 4º.- Conceder o título de Hóspede de Honra do Concello de Negreira, a Don Juan María Arzak Arratibel.

Attachments:
Download this file (Convocatoria-1.pdf)Convocatoria-1.pdf
powered by social2s

Foto nova concurso

 

O Concello de Negreira promove en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), o I Concurso fotográfico “Día da muller rural de Negreira”, co gallo da celebración, o sábado 15 de outubro do día internacional da muller rural, co que se busca reivindicar o papel da muller, recoñecéndose o seu papel e contribución na promoción do desenvolvemento agrícola e rural, mellora da seguridade alimentaria e a erradicación da pobreza no rural.


O obxectivo é facer partícipes ás persoas para que fagan chegar as súas instantáneas, nas que as mulleres deben ter un papel protagonista. Está dirixido a profesionais e afeccionados á fotografía, residentes en España, e poderedes gañar un vale de 100 € para consumir no comercio local de Negreira.

 

Envía a túa foto ata o 25 de outubro a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


A continuación, expóñense as Bases do I Concurso fotográfico “Muller rural” do Concello de Negreira, en adiante, o Concurso.


Datos adxuntos:

powered by social2s

ciclo monologos 2022 negreira afonso eanes

Volven os monólogos a programación cultural do Concello de Negreira, con tres citas os venres 21 e 28 de outubro e o 4 de novembro ás 21.00 horas, no Auditorio Afonso Eanes do Cotón.


A primeira cita do Ciclo de Monólogos 2022 chega este venres con Carlos Blanco e o seu espectáculo “Carlos Blanco ao vivo”, cun prezo de 7 euros á entrada. Seguiralle o venres 28 a presenza de Oswaldo Digón, Pepe Capelán e Tito Rober coa obra “3”. 


O colofón ó Ciclo de Monólogos 2022 en Negreira vai a ser a cargo de Pablo Alvite da EMTN de Negreira e o espectáculo “A vida é unha Festa”.   


As entradas para Carlos Blanco estarán á venda o luns 17 de outubro e para as outras dúas obras será de balde ata completar aforo.


Para máis información, no número de teléfono: 981 885 886.

powered by social2s

DSC 0628

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe en Negreira cando aos alcaldes de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, e de Padrón, Antonio Fernández Angueira, na presentación do proxecto cultural “Reencontro coa Galicia Medieval”, unha nova proposta que promoverá nos meses de outubro, novembro e decembro, a Galicia medieval a través da música, a arte e distintas actividades divulgativas co apoio da Xunta, e os concellos de Negreira e Padrón, así como Afundación.
A coordinación corre a cargo do catedrático, José Antonio Ponte Far, sendo patrocinado pola Xunta de Galicia, baixo a organización do Grupo Medievalium Gallaecia. As actividades levaranse nos concellos de Negreira, Padrón e Ferrol.


Foto 2


Inclúen unha exposición de pintura medieval do pintor, Pedro Castro Couto; un concerto de música medieval co grupo Medievalium Gallaecia; unha conferencia ilustrada polo catedrático, José A. Ponte Far, baixo o título: Os castelos medievais galegos; e maila presentación da unidade didáctica: A Idade Media en Galicia (S. V-XV), da catedrática, Mª Eva Ocampo Vigo.


Datas:
Negreira: 22 ao 31 de outubro
Padrón: 3 ao 14 de novembro
Ferrol: 3 ao 17 de decembro

powered by social2s