A Deputación da Coruña ven de adxudicar por 678.931 euros, a construción de 5 quilómetros de sendas peonís no Camiño de Fisterra-Muxía, ao seu paso polo concello de Negreira. As beirarrúas discorrerán polas marxes da estrada DP-5603 que une a vila de Negreira co Marco do Cornado.

 

A este orzamento hai que sumar outros 119.116 euros que a institución provincial xa destinou á expropiación dos predios necesarios para executar os traballos.

 

As obras na DP 5603 de Negreira a Marco do Cornado realizaranse en catro tramos situados entre os puntos quilométricos 1+430 e 2+170, 7+300 e 7+820, 8+750 e 10+770 e do 11+110 ao 12+900.

 

As novas sendas terán dous metros de ancho e realizaranse en zahorra artificial estabilizada con cemento, o que proporciona un firme brando e cómodo para camiñar longas distancias.

 

As obras están incluídas no Plan de Sendas Peonís, que pretende mellorar a seguridade viaria dos peóns en todas as vías de titularidade provincial. Así mesmo, a Deputación realiza este tipo de actuacións especialmente naqueles tramos polos que discorren as sendas xacobeas, co obxectivo de mellorar as dotacións para os peregrinos e evitar que teñan que transitar pola calzada ou as beiravías, co consecuente perigo.

powered by social2s

Unha trintena de rapaces e adultos de Negreira participaron no segundo Torneo de Nadal, de xadrez, desenvolvido na Casa da Cultura. Tras cinco roldas, rematou como vencedor do torneo, Hugo Domínguez, quen fixo pleno de vitorias.

 

Acompañando ao vencedor absoluto e con só unha derrota ante o campión, compretaron o podio: Jesús García e Pedro Varela.

 

En canto as categorías de promoción salientar o primeiro posto Sub14 de Noel Casares; o Sub14 local de Hugo Domínguez Búa; Sub10 Nicolás Amado; o Sub10 local para Daniel Souto; Sub8 para Luka Tuñas e Sub8 local para Leandro Vidal.

 

Na entrega de trofeos participaron o máximo mandatario municipal, Manuel Ángel Leis Míguez, así como os concelleiros María del Mar García e Adolfo Manuel Barbosa.

 

powered by social2s

Dende este venres 27 ao domingo 29 de Nadal, na Praza do Cotón, a carón do pazo e a capela, celébrase o Mercado de Nadal con dezaseis postos de artesanía e gastronomía, ademáis de obradoiros infantís e música en vivo, nunha carpa con calefacción.

 

O venres 27, ás dez da noite, haberá o concerto do grupo folk Queicoa; e o sábado, desde as once da noite, farao o grupo de rock Brinkadelia Troupe, mentres que desde as cinco da tarde haberá un obradoiro de chapas e globoflexia.

 

O domingo teremos unha animada sesión vermú, cos músicos locais de Chop Trop, á unha e media da tarde, mentres que a partir das cinco desenvolverase un obradoiro con We are b, e un bingo infantil.

powered by social2s

Os Servizos Sociais do Concello de Negreira informan dos requisitos para participar no Programa de Termalismo Social do Imserso no vindeiro ano. O desenvolvemento do programa efectuarase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e decembro de 2020.

 

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

a.  Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.

b.  Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

c.  Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.

d.  Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

 

2. As persoas usuarias de praza deben reunir os seguintes requisitos:

a.  Non padecer alteracións de comportamento que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, ni padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

b.  Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.

c.  Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.

d.  Acadar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:

 

 - Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.

 - Situación económica dos solicitantes.

 - Idade dos solicitantes.

 - Que non disfrutara da praza en anos anteriores.

 - Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.

 - Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.

 

3. Igualmente, poderán participar no programa as persoas de nacionalidade española, que residan no estranxeiro, sempre que perciban unha pensión do Sistema de Seguridade Social español e conten coa idade exixida no parágrafo 1 anterior, ou sexan asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social, con idade igual ou superior a 65 anos, e  en todos os supostos, reúnan o resto dos requisitos exixidos ás persoas usuarias no parágrafo 2 anterior.

 

4. Tamén poderán ser adxudicatarios das prazas, como acompañante, o cónxuxe ou a parella de feito ou persoa coa que se constitúe unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que estes reúnan algún dos requisitos exixidos no parágrafo 1 e, en todo caso, cumprindo os requisitos previstos no parágrafo 2.

 

Asimesmo, poderán ser adxudicatarios de praza, os fillos con discapacidade, en grao igual ou superior ao 45 %, sempre que a quenda o disfruten cos seus pais e se aloxen na mesma habitación.

 

Prazas e quendas convocadas:

Convócanse prazas para participar no Programa, a desenvolver nas quendas e balnearios que se relacionan no anexo I, onde tamén se especifica o tipo de tratamento termal a impartir por cada balneario, asi como o prezo a pagar polos participantes e acompañantes, por praza e quenda.

 

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctacións) ou de 10 días (nove pernoctacións) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada ata as doce horas do día de salida.

 

Servizos

 - Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.

 - Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.

 - Actividades de lecer e tempo libre ofertadas gratuítamente polo balneario.

 - Póliza colectiva de seguro turístico.

 - Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.

 - En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus domicilios, directamente polos seus propios medios.

 

Prezo e forma de pago das prazas

O prezo para pagar polos usuarios e, no seu caso, os acompañantes, por praza e quenda, ascende ás cantidades que se sinalan, para cada balneario, mes e tipo de quenda, no cadro anexo I.

As persoas usuarias, e no seu caso os acompañantes, abonarán o custe das plazas da seguinte forma:

a.  Con antelación á súa incorporación no balneario e nos  prazos que se determinen na notificación de concesión de praza, abonarán, en concepto de gastos por reserva de plaza, 40 euros, por praza adxudicada.

b.  A diferencia entre o custe da praza e a cantidad abonada en concepto de reserva, ao ingreso no establecemento termal.

 

Documentación:

Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.

Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2019, deberá formalizar nova solicitude e declaración sobre o estado de saúde:

 - Solicitude telemática. Consulta de trámite  |  Solicitude.

 - A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

 

Lugar de presentación:

 - Servizos Sociais Comunitarios

 - Centros dependentes da Consellería de Politica Social (centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)

 - Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social

 

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

a.  Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 10 de xaneiro de 2020.

b.  Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2020.

 

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

a.  Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2020.

b.  Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 30 de outubro de 2020.

 

Sen perxuízo de que as persoas solicitantes poidan formular a súa solicitude nos prazos e termos establecidos anteriormente, coa finalidade de simplificar trámites, remitiranse comunicacións singulares a todas as persoas solicitantes que, reunindo os requisitos da convocatoria do ano 2019, os seus expedientes estén completos.

Máis info:

https://www.imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/termalismo/index.htm

powered by social2s

O Concello de Negreira difundiu nas súas RRSS (Facebook e Twitter), a mensaxe do alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, que en nome da Corporación Municipal de Negreira felicita o Nadal e deséxalles á veciñanza, amigos e visitantes, un próspero ano 2020.  

No presente Nadal escolleuse unha imaxe aérea do lugar de Pontemaceira, que no ano que está a piques de rematar, foi incluida na rede de lugares ¨Los pueblos más bonitos de España¨, cuxa presentación pública terá lugar na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), no vindeiro mes de xaneiro.

Cos mellores desexos, o Concello de Negreira desexa que teñan un Bo Nadal e un próspero 2020.

powered by social2s