pleno161117_1.jpgEste mércores 15 de outubro celebrouse o Pleno Extraordinario e Urxente da Corporación Municipal de Negreira para a toma de coñecemento da renuncia presentada por Manuel Ángel Leis Míguez ó seu cargo de Alcalde-Presidente deste Concello, en virtude da secuencia que dictamina a Lei de que nos 10 días posteriores á presentación da renuncia, débese dar conta ao Pleno,m abríndose outro período de 10 días para a celebración dun segundo Pleno Extraordinario para a elección de novo alcalde.

 

Na súa despedida do cargo, Manuel Ángel Leis Míguez valorou coma «positiva» a experiencia, na que dixo «aprendín día a día, tanto do persoal funcionario e traballadores como dos problemas diarios dos veciños, aos cales puxen empeño e dedicación en solucionalos sempre que fose posible». Tamén agradeceu aos compañeiros de Corporación o trato recibido.

 

Pola súa banda, dende a bancada do Partido Popular de Negreira, o seu concelleiro Manuel Hombre Porto interveu para darlle as grazas pola fluidez na comunicación durante os seis meses e medio como rexedor, e que seguirá contando no futuro co apoio deste grupo.

 pleno161117_2.jpg

 

Ciudadanos de Negreira, a través do seu voceiro, José Manuel López Lago quiso recoñecer o traballo de Manuel Ángel, especialmente nesta última etapa estando ao lado dos veciños en situacións de perigo coma o incendio forestal que afectou aos montes da Pena, o pasado 15 de outubro, así como dándolle solución aos problemas da escaseza de auga en diferentes lugares do rural de Negreira.

 

Hoxe xoves día 16 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase un novo Pleno Extraordinario e Urxente, onde ademáis da xustificación da urxencia da convocatoria, tratárase a elección de novo alcalde ou alcaldesa. 

0
0
0
s2sdefault