tenis180918_1.jpgGrandes sensacións deixou o primeiro Open de Tenis ¨Val de Barcala¨ celebrado nas pistas do Comprexo Deportivo Municipal de Pedra Mámoa, cuxa espectacular final individual masculina gañouna o tenista asturiano Roberto Menéndez, campión mundial de máis de 40 anos neste 2018 e tres veces campión de Europa, ante o xoven Alberto López, por 7/5 e 6/1.

 

Nas semifinais do sábado, Roberto Menéndez venceu por 6/4 e 6/4 a Yahir Alcolea, outro dos favoritos como vixente campión de Castela-A Mancha, mentres que Alberto López eliminaba a Carlos Tajes 6/0 e 6/3.

 

 

Tamén desfrutamos dunha bonita final feminina entre dúas promesas de tenis galego como Adriana Subias e Patricia Aspron (6/0 e 6/2), para Adriana, quen en semifinais apeou do torneo a Lucía Martínez (6/2 e 6/3), mentres que a súa rival na gran final, Patricia Aspron, eliminou a Belén Hermo (6/2 e 6/3).

 

tenis180918_2.jpg

 

A entrega de trofeos e premios en metálico de 300 e 160 euros, respeitivamente, para o gañador/a e finalistas, contou coa presenza do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, así como do concelleiro de Deportes, José Daniel Casal Leis, e maila segunda tenente de alcalde, María Jesús Veiga Hortas.

powered by social2s