desfibri1.jpegO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vazquez Almuiña, fixeron entrega esta mañá na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita no concello pontevedrés da Estrada, de 157 desfibriladores a bombeiros comarcais, Grupos de Emerxencias e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

 

desfibri2.jpeg

 

A agrupación de Negreira foi unha das que recibiu un desfibrilador, acudindo a súa recepción, o primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez, acompañado por dous responsables de Protección Civil de Negreira. 

0
0
0
s2sdefault