matria070317.jpgMatria, a curtametraxe galega que da visibilidade ao "falso mito" do matriarcado en Galicia, dirixida polo vigués Álvaro Gago, e que vén de facer historia para o audiovisual galego ao recibir o gran premio do xurado no Festival Sundance 2018 (principal festival de cine independente dos Estados Unidos celebrado a finais do pasado mes de xaneiro), foi estreada fora de festivais, por primeira vez en Galicia, hoxe no Auditorio do Centro Sociocultural, grazas á iniciativa do Departamento de Dinamización Lingüística do IES Xulián Magariños para conmemorar o 8 de marzo, o Día da Muller.

 

Con tal motivo, Radio Negreira entrevistou a Álvaro Gago, o seu director, acompañado por Nuria Araúxo, profesora de galego do instituto, e Leti Tuñas, ex alumna e veciña de Negreira, quen participou na rodaxe de Matria, quen tamén participou con Álvaro Gago no coloquio posterior ao seu visionado con alumnado de 3º e 4º de ESO, e de 1º de Bacharelato.

 

Audio entrevista en Radio Negreira - ESCOITAR

 

Matria ven de conquerir o recoñecemento nos premios Mestre Mateo, entregados a pasada fin de semana. O filme narra en vinte minutos un día na vida de Ramona, unha muller que apenas se comunica co seu marido e que traballa nunha conserveira. Ante os desafíos que lle presenta a súa rutina diaria, Ramona trata de refuxiarse na relación que lle une coa súa filla e a súa neta para saír adiante………

 

O galardón norteamericano súmase aos xa colleitados pola curta na Seminci de Valladolid, e Alcine, onde ademais Francisca Igresias levouse o premio na categoría de mellor actriz; do seu paso polo Festival de Cartaxena, Álvaro Gago voltou a Galicia coa distinción de mellor director.

 

Matria triunfou nun Sundance que proxectou 69 curtametraxes das 8.740 que se presentaron para ser incluídos no programa.

0
0
0
s2sdefault