conquista1.jpgA Deputación da Coruña pon en marcha a campaña divulgativa de sensibilización e visibilización do deporte feminino  "Conquista os elementos"; dirixida á sociedade en xeral, pero específicamente á mocidade, asociacións, federacións e escolas deportivas municipais.  Na presente campaña, celebraranse un total de 23 vídeo fórum en outros tantos concellos de tódalas comarcas da provincia, que terán como eixo vertebrador, o  documental "Contra os elementos" elaborado pola propia Deputación. 

 

A proxección do documental,  veráse  acompañada, polos relatos en primeira persoa de deportistas femininas, figuras relevantes do eido deportivo, adestradoras e adestradores, especialistas en deporte no eido educativo, árbitros, expertas e expertos en xornalismo deportivo ... estes persoeiros, variarán en cada un dos eventos, así como o formato de presentación, podendo ser mesas redondas ou ben charlas –coloquios.

 

O Concello de Negreira acolle a campaña este venres 16 de marzo ás 11:00 horas no Auditorio do Centro Sociocultural; e que contará coa presenza dunhas relatoras de excepción que participarán na charla-coloquio, baixo o nome "Deporte profesional feminino":

 

Paula Mayobre: Atleta de fondo, internacional coa Selección Española en seis ocasións, ten participado en dous mundiais e un europeo. Campioa galega e de España en varias categorías e distancias como os 3.000, 5.000 e 10.000 metros lisos ou media maratón. Na actualidade compaxina o atletismo exercendo como adestradora e directora da Escola Paula Mayobre.

 

Laura Delgado: Comezou no atletismo en categorías inferiores, en lanzamento de peso e martelo. Posteriormente, centrou a súa actividade no rugby. Actualmente é primeira liña do CRAT Coruña e da Selección Española, coa que ven de proclamarse nocamente campioa de Europa.

 

Attachments:
Download this file (Diptico Xeral _ Conquista os   Elementos_.pdf)Díptico
0
0
0
s2sdefault