estadograza1.jpgChega a primeira fin de semana do Nadal en Negreira, polo que este venres e o sábado, o Auditorio do Centro Sociocultural acolle unha dobre cita teatral. A compañía profesional Teatro do Noroeste, no seu 30 aniversario, presenta este venres (21:00 h.) a súa obra ¨Estado de graza¨. E o sábado (17:30 h), será a quenda do Festival de Nadal da Escola Municipal de Teatro baixo o título: ¨Eu tamén quixen ser do Equipo A¨.

 

Estado de graza

 

estadograza2.jpg

 

Sépnose: A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese yugo. No tardo - franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideolóxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.

 

Reparto: Luma Gómez, papel de Dona Dolores; Imma António, papel de Catarina; Manuela Varela, no papel de Lola, e Nini True, no papel de Sol.

 

Eu tamén quixen ser do Equipo A

 

equipoacartel2.jpg

 

Este sábado pola tarde poderemos desfrutar coa nosa Escola de Teatro, baixo a dirección da súa profesora Sandra Lesta, dun festival adicado á década dos anos 80 baixo con actuacións que a máis de un nos farán rememorar tempos pasados.....pois haberá ombreiras, purpurina, pelos cardados, música e moito, moito humor.

 

Ademáis, poderemos ver un adianto da obra do grupo de maiores que están a preparar para o 2018: "E ti de quen ves sendo?".

0
0
0
s2sdefault