Portada.JPGO Pavillón Municipal de Pedra Mámoa acolleu este xoves 17 de maio, a Fase Final Intercomarcal de Fútbol Sala en categoría Prebenxamín, coa vitoria final do equipo da Escola Municipal de Futsal de Negreira por 4 goles a 2 ante o Outes C.F. Nas semifinais, os anfitrións venceron 9-4 ó equipo do Terras de Iria, mentras que na segunda semifinal foi o Outes quen vencía 5-3 á Escola de Fútbol Base de Corcubión.

 

O terceiro posto correspondeu ó equipo de Corcubión que tras empatar a seis goles co Terras de Iria, o desempate decidiuse na tanda de penaltis (1-2), logo de empatar a ceros na prórroga.

 

No Pavillón de Pedra Mámoa viviuse un gran ambiente entre familias dos catro concellos participantes, cuxo colofón foi a entrega final de trofeos e medallas aos catro equipos por parte do primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

 Negreira.JPG

 

Corcubión.JPG

 

Padrón.JPG

 

Outes.JPG

 

O noso concello será protagonista este sábado de dous novos eventos deportivos. Por un lado, o XXI Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala, que reúne a unha ducia de equipos campións das súas respeitivas ligas locais, e polo outro, a Fase Intermedia de Fútbol 8 categoría Prebenxamín, cuxo campión clasifícase para a Fase Final Autonómica, a xogarse este sábado no Campo Jesús García Calvo.

 

O Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala comeza ás nove da mañá, tanto no Pavillón de Pedra Mámoa como no de San Vicenzo (A Baña). En Negreira farano os seguintes equipos: Teo; Santiago 2; Arzúa; Negreira; Trazo e Frades, en dous grupos. Na Baña: Tordoia; Ordes; Santiago 1; Vedra; Rianxo e Santa Comba.

 

Os partidos terán unha duración de 40 minutos cronometrados a tempo corrido, divididos en dous tempos de vinte minutos. Os horarios da mañá serán de 9 a 14 horas, e tanto as semifinais como o terceiro posto e a final, xogaranse no Pavillón de Pedra Mámoa, a partir das 16:00 horas, sendo a gran final ás 18:30 horas. De dúas a catro da tarde, haberá un parón para o xantar de confraternización na carpa instalada en Pedra Mámoa.

0
0
0
s2sdefault