A Asociación Galega de Matronas congratúlase da entrega do Premio 8 de Marzo, este xoves 7 por parte do Concello de Negreira, a Beni Castro Calvo, matrona da comarca de Barcala, nun  acto a desenvolverse no Auditorio de Negreira, a partir das sete da tarde.

 

Segundo indicou a Asociación Galega de Matronas: «Sentímonos dobremente orgullosas por esta distinción, xa que ademáis da merecida homenaxe pola traxectoria da nosa compañeira, trátase tamén dun galardón que axudará a destacar a profesión das matronas, sempre ao lado das mulleres», sinalou.

 

Dende fai tres anos, o Concello de Negreira instituiu este galardón que anualmente recoñece a labor dunha muller vencellada co noso territorio. Trátase dun acto aberto a toda a cidadía da comarca de Barcala. 

 

Ver imaxe en tamaño completo

powered by social2s