visitaruamandela.jpgA renovación das instalacións de iluminación pública exterior para mellorala eficiencia enerxética en toda a rúa Nelson Mandela, foi un dos proxectos acometidos polo Concello de Negreira, a finais do ano 2018 e que foi sufragado polo Fondo de Compensación Ambiental, da Consellería de Industria, cun montante económico de 71.990 euros.

 

A este Fondo de Compensación Ambiental acceden os concellos que contan dentro do seu territorio con parques eólicos. Esta mañá, o delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou Negreira para comprobar in situ a execución dos traballos de mellora no alumeado público da rúa Nelson Mandela, onde estivo acompañado polo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, o concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Ángel Leis Míguez, e mailo concelleiro do Partido Popular, Juan Rey Maceira.

 

A mellora do alumeado veu a compretar un proxecto máis ambicioso como foi a reforma da propia rúa, financiado pola Deputación da Coruña, e que ascendeu a 180.779 euros. Aparte da instalación dunha rede de recollida de augas pluviais, tamén incluíu unha canalización final das augas cara o río Barcala, así como unha nova plataforma de aglomerado en quente.

 

Segundo o alcalde, en canto o tempo permítao, procederase ao pintado das marcas viais na calzada para que a rúa Nelson Mandela pase a ter unha dirección única, dende o cruzamento coa avenida Xulián Magariños hacia a avenida de Barcala, tal e como se acordou nunha xuntanza cos residentes.

powered by social2s