camp_dep_dip.jpgDestinados a rapaces/as, de entre 9 e 14 anos de idade, desenvolveranse no centro Calvo Sotelo, na cidade da Coruña, en catro quendas; do 1 ao 6 de xullo, do 8 ao 13 de xullo, do 15 ao 20 de xullo e do 22 ao 27 de xullo. O prazo de inscrición está aberto ata o 15 de xuño.

 

Negreira participará na terceira quenda, do 15 ao 20 de xullo cando a mozos de Ames, A Baña, Boiro, Boqueixón, Brión, Dodro, Lousame, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santiago, Teo, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, e Vedra.

 

O prezo do campamento é de 85 euros e inclúe transporte interno, estadía, manutención en residencia e todo gasto que ocasionen as actividades programadas. En cada quenda participarán un máximo de 100 rapaces, supervisados por dez monitores.

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de actividades que inclúe dende a práctica de equitación, actividades náuticas, equitación, sendeirismo, ademais de practicar fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic ou baile ata visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos e nenas desenvolverán actividades e xogos que fomenten a comunicación, a convivencia, o intercambio de experiencias e o respecto polos demais.

0
0
0
s2sdefault