web.jpgA Deputación da Coruña vén de aprobar a concesión definitiva de subvencións do programa dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia, de menos de 50.000 habitantes para financiar o gasto de persoal das oficinas de turismo durante o exercicio 2019.

 

A resolución que hoxe publica o Boletín Oficial da Provincia (BOP), aproba de forma definitiva, unha subvención de 11.920 euros para a contratación por un período de seis meses, dun informador/a turístico por parte do Concello de Negreira, en agrupación cos Concellos da Baña e Val do Dubra, e polo que o primeiro iniciará o proceso de contratación mediante unha convocatoria pública coas súas bases.

0
0
0
s2sdefault