O Concello de Negreira informa que a última analítica realizada á auga que mana da fonte de Vilachán, cuxa mostra foi tomada o pasado día 6 de novembro, deu un parámetro negativo, concretamente, o de bacterias coliformes totais, cun resultado de 3 unidades cada 100 mililitros .

 

Ante este resultado anormal, o laboratorio aconsella que se advirta á poboación que a auga da fonte de Vilachán non é potable ao cen por cen, e de feito, o Concello vai colocar un cartaz na fonte para informar á veciñanza.

 

O Concello sinala que dita fonte é sometida a analíticas da auga cada tres meses, e que os resultados sempre foron favorables, agás na última mostra. Por este motivo, dentro dun mes vaise repetir a análise para comprobar se segue dando este parámetro anormal.

0
0
0
s2sdefault