xenteterra301117.jpgEste venres 1 de decembro preséntase no Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 20:30 horas, o libro ¨Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade¨, que aborda aspectos coma Xeografía, Historia, Arte, Economía, Etnografía, poboación ou personaxes, das 33 parroquias que conforman a comarca de Barcala.

 

Os seus autores son os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Instituto Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia.

 xente_e_terra.jpg

 

As presentacións do libro corren a cargo do director do centro, Adelino Pose Reino, e dos coordinadores e, cóntase con ilustracións de ex alumnos, vinculados aos campos profesionais do debuxo, da fotografía ou das Belas Artes. Trátase dunha homenaxe ó conxunto das parroquias barcalesas, a través da investigación e da escrita da mocidade que cursa bacharelato.

 

O proxecto conta ademáis coa colaboración da profesora e escritora Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega, quen foi a encargada do limiar da obra.

 

No acto contarse coas intervencións do equipo de coordinación; da escritora Fina Casalderrey (autora do limiar); Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Adelino Pose Reino, director do IES Xulián Magariños, e do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Neste acto colabora a Banda Ateneo de Negreira que interpretará varias pezas musicais. 

0
0
0
s2sdefault