rutómetro_portada240519.jpgA cuarta edición do Triatlón Solidario Concello de Negreira celébrase este sábado 25 de maio, dende as cinco e media da tarde, hora na cal se programou a saía de participantes masculinos individuais, logo sairán as competidoras femininas individuais, e por último, daráse a saía na categoría de equipos por relevos.

 

A competición comezará na Ponte de Ons, co sector de natación, que consistirá en nadar 750 metros nas augas do encoro do Tambre. Contando os horarios de saída, os triatletas máis rápidos rematan o sector en 10 minutos, e os últimos empregarán aproximadamente 20 minutos, polo que a proba rematará ás 18:00 horas.

 

Ao rematar esta proba acuática, os participantes pasarán á proba de ciclismo, cun percorrido de 20 quilómetros, con saída na Ponte de Ons. O recorrido discorrerá cruzando a estrada CP-1302, e continuará polas rúas de Vilachán de Abaixo, seguindo pola avenida de Vilachán, xirarán á dereita na avenida de Barcala, e continuarán pola rúa Camiño Vello e pola avenida de Santiago, continuando por esta estrada ata o punto de retorno, onde será o xiro, volvendo pola mesma estrada, xirando á esquerda na Barquiña, un novo xiro á esquerda en Fontán e xirando á dereita para continuar pola rúa Malecón, onde se cumpre unha volta. En total serán tres voltas ao circuito de bicicleta. Os triatletas entrarán na zona de transición, situada no Campo da Feira, na que deixarán as bicicletas nos soportes habilitados para elo.

 

Os primeiros triatletas completarán este percorrido en bicicleta aproximadamente ás 18:15 horas, e os da cola sobre as 18:55 horas.

 

A última proba será unha carreira a pé con 5 quilómetros de percorrido. Comeza a proba saíndo do Campo da Feira, cun percorrido que será circular e de tres voltas, e que contará coa seguinte ruta: Súbese pola praza de Ferreiro para enlazar coa Carreira de San Mauro, rúa Cidade de Vicente López, Cachurra e dá unha volta ao redor da praza do Concello, para logo encarar a rúa do Carme e volver á meta, situada baixo o arco principal do Pazo do Cotón.

 

Os primeiros triatletas rematarán a proba sobre as 18:35 horas e os últimos sobre as 19:20 horas.

0
0
0
s2sdefault