CARTEL MAGARIÑOS recortado

O Concello de Negreira e mailo Museo do Pobo Galego promoven este sábado, día 16 de setembro, un acto para conmemorar o centenario da creación do Seminario de Estudos Galegos (SEG), sendo un dos seus fundadores no ano 1923 o intelectual, avogado e escritor negreirés, Xulián M. Magariños Negreira (1904-1934).

 

A continuación detallamos o programa do acto:

11:00 horas. Comezo do acto institucional no Salón de Plenos, na Casa do Concello (rúa do Carme, 3), coas seguintes intervencións:

- X. Amancio Liñares Giraut, coordinador do acto

- Concepción Losada, presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego

- Manuel Vilar Álvarez, director do Museo do Pobo Galego

- Manuel Ángel Leis Míguez, alcalde de Negreira

12:30 horas. Visita teatralizada polos espazos relacionados con Xulián Magariños, a cargo da compañía Os Quinquilláns.

13:30 horas. Plantación dunha árbore na praza de Ferreiro.

15:00 horas. Xantar de confraternidade.

18:00 horas. Inauguración da mostra de fotografías sobre Xulián M. Magariños, na planta baixa do Centro Sociocultural.

18:30 horas. Actuación musical a cargo do dúo Minguante, no auditorio Afonso Eanes do Cotón.

powered by social2s