logo.pngCatrocentos rapaces e rapazas dos 93 concellos da provincia da Coruña participarán este verán nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña, os cales están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse durante o mes de xullo no Centro Calvo Sotelo, dependente da Deputación da Coruña, ubicado na cidade da Coruña, en catro quendas de 5 días de duración cada unha.

 

O prezo do campamento é de 85 euros, e inclúe transporte, estadía e manutención. O prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 31 de maio nos concellos da provincia.

 

A rapazada de Negreira participará na 4ª quenda, do 21 ao 26 de xullo, cando os da Baña, Val do Dubra, Ames, Brión, Santiago, Teo, Boiro, Boqueixón, Dodro, Lousame, Noia, Padrón, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo, Riveira, Rois, Tordoia, Trazo e Vedra.

 

En cada quenda participarán un total de 100 rapaces, que estarán supervisados en todo momento por monitores titulados e  un director/a de campamento.

 

Durante a súa estadía, os rapaces contarán cun amplo programa de activades que inclúe dende a práctica da natación, o tenis, o sendeirismo ou deportes naúticos ata xornadas de praia, obradoiros, actividades e visitas culturais a centros de interese cultural na cidade e a comarca da Coruña coma a Torre de Hércules, o castelo de San Antón ou o Aquarium Finisterrae.

 

O programa cultural complétase con veladas nocturnas nas que os nenos desenvolverán actividades e xogos que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias.

 

Máis información en https://www.dacoruna.gal/deportes

0
0
0
s2sdefault