concentra240918.jpgO Servizo de Infraestructuras Agrarias dependente da Consellería de Medio Rural informa que este xoves 27 de setembro, desde as 10:30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural vaise celebrar unha xuntanza informativa para tódolos propietarios/as dos novos predios do proceso de Reestructuración parcelaria de montes de Aro-Campelo e Gonte, de cara a informar do acordo polo que aprobouse o reparto de novos predios.

 

Entrega de boletíns

 

A entrega dos boletíns e maila exposicións dos planosdas fincas do acordo de reestructuración parcelaria destas tres parroquias terá lugar no Local Social de Aro, dacordo ás seguintes datas e por orde alfabética de apelidos:

 

Horario: 09:30 a 13:00 horas.

+ Martes 2 de outubro: propietarios de primeiro apelido que comece pola letra A ata a letra L.

+ Mércores 3 de outubro: propietarios de primeiro apelido que comece pola letra M ata a letra Q.

+ Xoves 4 de outubro: propietarios de primeiro apelido que comece pola letra R ata a letra Z.

 

Para recoller a documentación e importante ter en conta os seguintes extremos:

 

- Farase entraga da documentación aos titulares que deberán comparecer co seu DNI.

- No caso de matrimonios con bens gananciais calquera dos dous membros poderá recoller a documentación.

- No caso de matrimonios de bens privativos será necesaria a autorización do titular dos bens para que o outro membro poida recoller a documentación.

- Se o titular non puidera recoller a documentación persoalmente, poderá autorizar a outra persoa a facelo. Neste caso, deberá achegar unha autorización asinadas por ambos e acompañada de fotocopia do DNI da persoa que o autoriza. A persoa autorizada deberá presentar o seu DNI ou documento equivalente.

- No caso de propietarios falecidos, calquera dos herdeiros pode recoller a documentación, presentando o certificado de defunción, e acreditando co testamento ou documento equivalente a súa condición de herdeiro, xuntando ademais as autorizacións do resto de herdeiros, segundo o descrito no parágrafo anterior.

- No caso de que o pripietario sexa unha sociedade, a persoa que pretenda recoller a documentación deberá acreditar suficientemente a súa representación.

 

NOTA. Os planos e o plan de cultivos poderánse consultar na WEB da Xunta de Galicia: http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/infraestructuras/concentracions_parcelarias/publicacions

0
0
0
s2sdefault