O Concello de Negreira promove un ano máis o programa de mobilidade transnacional Galeuropa. A través del a mocidade poderá facer prácticas formativas non remuneradas 100% subvencionadas en empresas do Reino Unido.

 

A iniciativa está destinada a mozos e mozas de menos de 30 anos inscritas no Sistema de Garatía Xuvenil. Ofértanse 10 prazas entre os concellos de Negreira e Val do Dubra, co que existe un convenio de colaboración.

 

A duración estimada é de 3 meses e a axuda cubre todos os gastos de viaxe, aloxamento, manutención e seguros, así como cursos formativos en inglés e orientación laboral.

 

O prazo de inscrición remata o 3 de Agosto. Para anotarse ou obter máis información deben poñerse en contacto co departamento de emprego do Concello de Negreira (teléfonos 881.035.150 / 881.035.162).

 

Poden consultarse as bases completas pinchando na seguinte ligazón: Galeuropa 2018 ou Bases

0
0
0
s2sdefault