Foto 1 Portada

Ponte Maceira e o Concello de Negreira celebran este xoves 1 de outubro o “Día de Los Pueblos Más Bonitos de España”, coincidindo co aniversario da fundación da Asociación de Los Pueblos Más Bonitos de España. A bandeira da Asociación ondea durante toda a xornada na fachada da Casa do Concello de Negreira, sendo este o primeiro ano que o municipio negreirés forma parte do selecto grupo, tralo acto de proclamación que tivo lugar o pasado 1 de agosto en Ponte Maceira.

 

Foto 21

 

O Alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, realizou a lectura do manifesto da asociación no salón de plenos do Concello ás 12h, destacando os valores da asociación, a importancia que ten o rural, como é o caso de Ponte Maceira e todo Negreira, así como a necesidade de superar as dificultades da situación que atravesamos neste 2020 traballando xuntos polo ben común.

powered by social2s