JORGE J.
TUÑAS
CAAMAÑO

alcalde de Negreira

 

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA

Saúdo do Alcalde

Estimados veciños.

Iniciamos unha nova etapa política da man dun goberno que teño a honra de presidir. Nova etapa que confío se visualice a nivel social, impulsando e dinamizando a sociedade nicrariense.

Asumo o reto de ser o representante de tódolos negreireses coa promesa de traballar arreo, día a día, coa única finalidade de mellorar a calidade de vida de todos vós.

Nada máis me move que estar ao voso servizo as 24 horas do día para conseguir solucionar todos aqueles problemas que teñades.

Confío en estar a altura das expectativas creadas e ansío conseguir que cada un dos veciños e veciñas de Negreira se sintan orgullosos e felices de vivir no noso Concello.

Esta é a única meta que persigo e confío en ser quen de alcanzala.

Recibide un cordial e afectuoso do voso veciño e do voso servidor.

CONCELLO DE NEGREIRA

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
De 9:00 a 14:00 (de luns a venres)
Rúa do Carmen, 3 - 15830 - NEGREIRA