A Secretaría Xeral de Emigración convoca as axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar retorno a Galicia.


Beneficiarias


Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na comunidade autónoma galega:


1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.


2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.

 

As persoas beneficiarias deberán ter a nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

 

Requisitos:

 

a. Ter residido legalmente no estranxeiro un mínimo de 3 anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.

 

b. Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do retorno a España e a data de presentación da solicitude.

 

c. Estar empadroada e ter residencia nun concello da CA de Galicia.

 

d. Carecer de rendas ou ingresos suficientes, computándose como tales todo tipo de rendas, mesmo as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante as previstas nesta resolución, excepto a prestación económica por razón de necesidade (ancianidade e incapacidade). Entenderase como rendas ou ingresos suficientes os que non superen, en cómputo global, o IPREM, e relativos á renda per cápita da unidade familiar (1)

 

e. Carecer bens patrimoniais suficientes (mobles e/ou inmobles). (2)

 

Máis información no departamento de Servizos Sociais.

0
0
0
s2sdefault