promopera.jpgChega La Traviata, unha ópera en tres actos de Giussepe Verdi e baseada na obra "La dama de las camelias", de Alejandro Dumas, este sábado 24 de febreiro ó Auditorio do Centro Sociocultural, a partir das 21:00 horas. A pesar do rexeitamento inicial que obtivo esta obra, rematou sendo unha das máis exitosas do compositor e do Romanticismo.

 

La Traviata será interpretada por un coro composto de grandes voces de cantantes procedentes de España, México e China. As entradas para asistir ó espectáculo musical pódense retirar o mesmo sábado por un prezo de 10 euros, na propia billeteira do Auditorio.

 

O coro de Promópera está conformado por 36 cantantes, cuxa preparación artística nutriuse dunha sólida formación tanto académica como práctica, feito que permitiu abarcar unha ampla gama de repertorio coral ao longo dos tres continentes. Os seus integrantes ademáis, participaron en distintos festivais internacionais como solistas, comprementando así, as cualidades artísticas de Promópera.

 

Entre as participacións máis destacadas pódense citar, as realizadas no Festival de Ópera Sostenible de Buitrago de Lozoya, no 2015, o Festival de Ópera de Panamá en 2015 e 2016, ou o Festival de Tepic (México), de 2015 ó 2017, xunto co Réquiem de Mozart, en Santiago de Compostela (2017), e a Ópera Week, Sichuan Phiharmonic Orchestra, Chengdu (China).

 

O coro de Promópera está dirixido polo mestre Miguel Sagrero que dirixiu en Arxentina, España, México e Estados Unidos. É egresado do Royal Northern College of Music, en Manchester (Reino Unido), e ten unha ampla carreira en formación e dirección de coro.

 

 

Promópera integra no seu repertorio desde a polifonía clásica e contemporánea a cappella, ao oratorio, ópera e a zarzuela. O coro ten a súa base en Santiago de Compostela.

0
0
0
s2sdefault