sofia060318.jpgO Centro de Información ás Mulleres (C.I.M.), dependente do Concello de Negreira, promove as actividades conmemorativas do Día da Muller que botaron a andar este luns no Auditorio do Centro Sociocultural, cun Contacontos con temática de igualdade para 243 alumnos/as de Primaria do CEIP O Coto, coa obra ¨Laura quere ser pirata¨, a cargo de Caxoto Cativo, rachando cos estereotipos instaurados na nosa sociedade e buscando unha sociedade igualitaria.

 

O acto principal desenvolverase este xoves 8 de marzo, a partir das 11:00 horas no Auditorio, coa entrega do II Premio 8 de marzo, na homenaxe a título póstuma á profesora Sofía Rodríguez, quen finou o pasado 8 de febreiro á idade de 90 anos na súa casa da avenida das Brañas. As súas sobriñas Carmen e María Peralta Rodríguez serán as encargadas de recoller esta distinción de mans do alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño.

 

Durante este acto, terá lugar a intervención a cargo de José Manuel López Tuñas, ex alumno de Sofía, e ex alcalde negreirés e amigo persoal, pechándose o acto coa actuación do grupo de pandereteiras Limagoia. Despois, co gallo do 8 de marzo, as sobriñas de Sofía Rodríguez, xunto a José Manuel López Tuñas; a directora do CIM, Rosa Fuentes Cambeiro e mailo alcalde, Jorge Tuñas Caamaño, participarán nunha mesa redonda en Radio Negreira. 

 

Vídeo fórum o 16 de marzo

 

A última das actividades previstas terá lugar o venres 16 de marzo, novamente no Auditorio do Centro Sociocultural, en colaboración coa Delegación de Cultura e Deportes. Trátase dun vídeo fórum con coloquio final para estudantes de secundaria do IES Xulián Magariños, sobre a muller e o deporte,  ás 11:00 horas.

 

Foto: Diadelei Fotografía

0
0
0
s2sdefault