Negreira ofrece ós visitantes unha calidade culinaria contrastada, baseada en produtos frescos e naturais, con receitas que recollen o mellor da terra, do río e do mar. Os pratos máis propios da zona son a tenreira asada, o rape, as luras, a merluza ó forno, as chuletas de cordeiro, o bacalao ó forno ou á feira, o polbo, os callos, empanadas, churrasco, o polo do corral, a paella, o cocido ... e de postre tarta de almendras, roscas e galletas de nata.
As cartas de viños nos distintos locais da vila son moi completos, ofrecendo unha variedade ampla e acreditada.