entroido090218_1.jpgOs desfiles esta mañá do alumnado do CEIP O Coto e mailos nenos e nenas de ata 3 anos da Escola Infantil Municipal polas rúas da vila, marcou o pistoletazo de saída aos festexos do popular Entroido 2018 do Concello de Negreira, seguido esta noite do baile amenizado pola orquestra Os Satélites, ás 23 horas, na Praza do Concello, carpa incluida.entroido090218_2.jpg

 

En canto ao gran desfile de carrozas e comparsas de mañá sábado, están anotados máis dunha vintena de participantes, destacando sete grupos medianos e oito comparsas, das cales a meirande parte compiten tamén no apartado de carrozas.

 

O desfile que arrincará ás 17:00 horas dende o Campo da Feira pola Carreira de San Mauro para percorrer as principais rúas de Negreira, rematando diante da Casa do Concello, onde ás seis da tarde terá lugar a lectura do pregón, a cargo do actor e cómico, Pepo Suevos. 

 

O Concello de Negreira manten a cuantía económica dos diferentes premios en metálico: 1.000; 600; 300; 150 e dous accésits de 100 euros, respeitivamente, tanto na modalidade de carrozas como na de comparsas. En grupos os premios serán de: 250; 150 e 100 euros, e na modalidade de individuais/parellas de 150, 100 e 50 euros, para os tres primeiros clasificados. En canto á modalidade de mellor copla ¨Juan Varela Areoso¨, a cuantía é de 100 euros.

 

Como colofón ao gran desfile de carrozas e comparsas do Entroido 2018 tralo mesmo, haberá na Praza do Concello, un baile amenizado pola orquestra Xacobeo xunto coa entrega de premios.

 

O domingo 11 de febreiro, a partir das 10 horas vaise celebrar a II Festa dos Callos que organiza a SD Negreira, baixo unha carpa instalada na Praza do Concello, e xa pola tarde, o baile de disfraces para maiores no Centro Sociocultural, a partir das sete da tarde e amenizado por un dúo musical.

 

O luns 12 de febreiro é a quenda para o baile e concurso infantil de disfraces, dende ás cinco da tarde no Centro Sociocultural.

0
0
0
s2sdefault