traballadores.jpgCo comezo do mes de xullo, o Concello de Negreira incorpora á totalidade de traballadores eventuais para a época estival. A través do Plan de Emprego Local (PEL), financiado pola Deputación da Coruña, incorporáronse seis operarios á brigada municipal de servizos: Tres de xardinería, dous albaneis e un peón de obras, por un período de cinco meses.

 

E a través do Plan Aprol Rural, financiado pola Xunta de Galicia, o Concello incorpora a dous peóns forestais por un periodo de nove meses.

 

Hoxe comeza coa formación, o periodo de tres meses da brigada municipal de loita contra os incendios forestais: Un capataz, un peón condutor e tres peóns forestais intégrana brigada.

 

Por último, o Concello tamén incorpora a cinco operarios para traballos de xardinería, a través dunha subvención entre perceptores das axudas da Risga, cunha xornada laboral do 75% por un periodo de sete meses.

 

 

Asemesmo, de cara aos servizos de socorrismo durante a tempada de verán piscina municipal do Coto, o Concello contratou a dous socorristas, coas axudas da Deputación da Coruña e maila Xunta de Galicia.

0
0
0
s2sdefault