franxas190618.jpgO Concello de Negreira vén de poñer a disposición de toda a veciñanza, a través da web municipal, os planos de tódolos núcleos habitados das dezaoito parroquias do noso concello, coa correspondente sinalización das franxas de seguridade e as distancias para a limpeza de biomasa.

 

Os planos de cada núcleo pódense descargar directamente da web municipal, se ben, o Concello tamén facilitará a cada parroquia os planos para que poidan ser consultados nos locais sociais.

 

O 28 de decembro de 2017, a Xunta de Galicia aprobou as modificacións na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia. Uns cambios que afectan, entre outros, ás franxas secundarias; é dicir, á xestión da biomasa vexetal ao redor de núcleos habitados ou vivendas illadas.

 

O principal cambio é o que afecta ao solo urbán, e ao de núcleo rural e urbanizable. Amplíase de 30 a 50 metros a distancia que ten que estar rozada e onde non pode haber especies pirófitas, como piñeiros, eucaliptos ou acacias.

 

Ademais, nos 50 metros de franxa establecidos, as copas das árbores deberán distar como mínimo 10 metros das edificacións e nunca se poderán proxectar sobre os tellados das vivendas.

 

Máis información

0
0
0
s2sdefault