convive311017.jpgO departamento municipal de Servizos Sociais vai colaborar no desenvolvemento do programa Convive.comigo, un proxecto piloto que se vai desenvolver na provincia da Coruña, a cargo da asociación Arela, e que parte dun contexto que é o do ámbito xudicial, xa que xorde da necesidade de dotar de recursos (neste caso familias, persoas) ao Xulgado, para que este poida recoller nas súas sentenzas a medida de convivencia en grupo con persoa e/ou familia. 

 

 

Ata o momento, non hai persoas ou familias coas que un/unha adolescente permaneza durante o cumprimento desta medida, polo que ou ben se están a cumprir en centros de protección de menores ou ben se está a escoller outro tipo de medida xudicial.

 

A duración aproximada dunha medida de convivencia oscila entre 6 meses e un ano, tempo durante o cal o/a adolescente debe convivir con esta nova familia (ou persoa) de tal xeito que se lle ofreza un entorno de socialización positiva no que aprender/modificar aquelas condutas que foron motivo de denuncia. No momento de comezo de cumprimento da medida xudicial, asinaríase un contrato e dende a Xunta financiarase coa cantidade de 40 euros por cada día de convivencia.

 

As funcións que corresponden a este programa consisten en captar, formar e avaliar ás persoas que se interesen en participar, ademais de realizar un acompañamento durante o cumplimento da medida xudicial.

 

Durante o proceso de avaliación e formación, realizaranse múltiples entrevistas, mínimo unha visita domiciliaria e varias sesións formativas.

 

Máis información sobre o programa Convive.comigo na web: www.arela.org, ou no número de teléfono: 981 572 204.

0
0
0
s2sdefault