A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, fixo entrega hoxe dun vehículo para uso compartido dos concellos de Negreira e A Baña, ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental cunha achega do 80% do total, de 24.850 euros. O vinte por cento restante foi asumido, a parte iguais, polos dous concellos cun importe de 3.550 euros cada un. O coste final de adquisición ascendeu a 35.497 euros. O vehículo en cuestión está adicado ao servizo de mantemento de iluminación pública da Mancomunidade de Concellos do Tambre.

 

Ao acto asistiron os alcaldes de Negreira e A Baña, Manuel Ángel Leis Míguez e José Antonio Pereira Gil, respectivamente; a primeira tenente de alcalde de Negreira, María del Mar García Vidal, e mailos portavoces do Partido Popular en ambos concellos, Rubén Suárez Carballo e Andrés García Cardeso, respectivamente.

 

Este vehículo sustitúe ao anterior que fora adquirido no ano 1995 para o servizo de mantemento da Mancomunidade do Tambre.

powered by social2s