findomundo.jpgA Casa dá Cultura de Negreira acolle este venres a presentación da novela ¨A viaxe á fin do mundo¨, obra de Manuel F. Rodríguez, xornalista e escritor, e técnico de Cultura da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia, e autor de artigos, charlas e conferencias especializadas no Camiño de Santiago.

 

O acto de presentación aberto a toda a veciñanza de Negreira e comarca, vaise desenvolver no Auditorio da Casa da Cultura (Carreira de San Mauro, 11), o venres 10 de novembro, a partir das oito da tarde.

 

Cando o autor do libro, intervirán o historiador barcalés, X. Amancio Liñares Giraut; o historiador do Xacobeo, Francisco Singul, e mailo alcalde do Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

Sipnose

 

O roubo en 1906 na basílica compostelá da cruz de Afonso III, unha cruz grega do século IX de ouro e xemas, nunca se resolveu. A prensa apenas tratou o sucedido, malia supoñer a perda da ofrenda máis antiga ao apóstolo Santiago e a máis venerada polos peregrinos. En 1921, o misterio aumentou ao arder o retablo de onde desaparecera. Foi un feito insólito e non aclarado e, coma o roubo, axiña esquecido.

 

Só alguén en Santiago, un xornalista, quererá respostas. Non tanto por afán profesional como polo xeito en que estes sucesos condicionarán, sen piedade, a súa vida. Esta procura levarao a cruzarse, de traumático xeito, con outras buscas non menos determinantes. Procuras que aos cen anos do roubo volverán con insospeitadas consecuencias. A crave estará na viaxe metafórica e real ao finis terrae máis mitificado polos europeos a través dos séculos.

 

¨A viaxe á fin do mundo¨, é unha historia de interminable misterio onde o amor e a morte, únense para facer de cada pregunta a resposta.

 

Podes atopar máis información na web: http://www.aviaxeafindomundo.com/

0
0
0
s2sdefault