A Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Xunta de Galicia, vén de convocálas probas de Avaliación de competencias clave para o acceso a certificados de profesionalidade de nivel 2 e nivel 3 para este ano 2017.

 

Estas probas permiten ás personas que non posúen a titulación académica requerida para acceder a cursos que impliquen a obtención de certificados de profesionalidade (ESO, Bacharelato...), poder acceder aos mesmos.

 

O prazo de inscrición está aberto ata o día 24 de marzo, e as referidas probas realizaranse o sábado día 13 de maio de 2017.

 

Para máis información sobre a convocatoria podes consultar o seguinte enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170307/AnuncioG0424-010317-4_gl.pdf

 

Ou ben dirixirte ao Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira, na primeira pranta da Casa do Concello, na rúa do Carme, 3.

0
0
0
s2sdefault

O Servizo Local de Emprego informa da convocatoria dunha nova bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, dirixido a licenciados ou de grao en Dereito.


Requisitos:

   a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliados/as na Comunidade Autónoma de Galicia.
   b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
   c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao en Dereito. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
   d) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
   e) Non gozar de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
   f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

Dotación orzamentaria:

A bolsa estará dotada cun importe máximo de 10.800 euros brutos, distribuídos en pagamentos mensuais, a razón de 900 euros por mes.

Prazo de solicitude:

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

A información completa da convocatoria podes consultala na seguinte ligazón: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170223/AnuncioC40-130217-0002_gl.pdf

Máis información no Servizo Local de Emprego a través do teléfono 881 035 162.

0
0
0
s2sdefault

Ofertánse 25 contratos de formación e aprendizaxe no sector do aluminio para mozos/as menores de 30 anos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e que posúan o Graduado en ESO, competencias clave de nivel 2 ou que cumpran os requisitos de acceso a ciclos formativos. A duración do contrato é dun ano. Tamén se require dispoñibilidade de desprazamento á zona de Padrón e Valga. Máis información e inscrición no Servizo Local de emprego ata o luns 31 de outubro. 

0
0
0
s2sdefault

URXENTE!. Precísase empregada do fogar en horario de mañá para Aldea nova menor de 40 e con coche propio, preferiblemente sen cargas familiares. As persoas interesadas deben dirixirse ao Servizo Local de Emprego do Concello de Negreira acompañadas dun Currículo ca maior brevidade posible.

0
0
0
s2sdefault

O día 8 de novembro comenzarán na Casa da Cultura as clases preparatorias para as probas Celga (Certificado de Lingua Galega) en calquera dos niveis. Para máis información poden dirixirse a o Servizo de Normalización Lingüística do agrupamento de dos concellos de Negreira e A Baña ou no Servizo Local de Emprego.

·Servizo de Normalización Lingüística teléfono 607 153 604. 

·Servizo Local de Emprego teléfono 881 035 162

Attachments:
Download this file (Cartel Celga.jpg)Cartel Celga.jpg
0
0
0
s2sdefault