ocasoetersaude.jpgOs actores Jouse García, Xoque Carbajal, Patricia Rodríguez, Celia González e Carlos Mosquera, protagonizan a comedia O caso é ter saúde, da compañía Malasombra Producións, que baixo a dirección de Marcos Orsi represéntase este venres 27 de abril, ás 21:00 horas na terceira entrega do Ciclo de Teatro 2018.

 

A comedia ten unha duración de 70 minutos e está recomendada para un público a partir de 16 anos, e a entrada é de balde. O caso é ter saúde é unha comedia de principio a fin, que fala da condición humana, da súa ambición polo diñeiro, e do que as persoas somos capaces de facer por conseguilo.

 

Sépnose

 

Un vinte e dous de decembro, o día da lotaría de Nadal, Miki vive dúas circunstancias das que cambian por completo unha vida: Lola, a súa parella, abandónao repentinamente e sen previo aviso logo de vinte anos de relación, e minutos máis tarde, o seu décimo resulta premiado con catrocentos mil euros no gordo da lotaría de Nadal. Miki non sabe como sentirse, pois está eufórico e deprimido a partes iguais. Esta situación sumada á visita do seu amigo Suso, a posterior chegada dunha prostituta rusa chamada Irina e a inesperada aparición dun ladrón italiano chamado Dimitri, farán que Miki viva a hora e media máis intensa e confusa da súa vida.

 

A historia transcorre nunha contorna de crise, nun ambiente de clase media decadente, que ten que buscarse a vida de calquera forma para saír adiante. O público, a través do distanciamento que produce a comedia, deixando ver claramente o ridículo das situacións, é o espectador privilexiado que observa ata que extremos pódese chegar con tal de saír adiante, aínda que sexa traizoando aos seres máis queridos, ou facendo cousas que nunca se pensou facer.

0
0
0
s2sdefault