charla0412181.jpgO persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM), Rosa Fuentes Cambeiro, directora, e Natalia Suárez García, psicóloga,  impartiron unha charla informativa sobre a violencia de xénero ao alumnado, profesorado e persoal do Obradoiro de emprego Xallas-Barcala-Dubra IV.

 

Abordáronse contidos como a victimización á que se enfrontan as vítimas de violencia cando deciden rematar coa situación de violencia e, tamén se expuso a violencia de xénero entre adolescentes advertíndolle aos asistentes dos perigos das novas tecnoloxías.

 

As profesionais do CIM diferenciaron entre sexo e xénero,  considerando que vivimos nunha sociedade patriarcal onde ás mulleres lles veñen impostas determinados roles polo mero feito de nacer muller.

 

Informaron aos asistentes dos recursos existentes na nosa contorna como é o CIM, que é un recurso de carácter permanente dende o que se artella unha intervención global dirixida ás mulleres que o demanden, así como a calquer persoa, sexa home ou muller, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero, sendo prioritaria a atención a mulleres en situación de vulnerabilidade e exclusión social.

 

charla0412182.jpg

 

Tamén informaron de que o Concello de Negreira ten constituida a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a violencia de xénero, que é un instrumento operativo no que están representados todos os ámbitos municipais impricados, directa ou indirectamente, na loita contra a violencia de xénero, co obxecto de procurar unha maior eficiencia da resposta ante a vulneración de dereitos que supón a violencia de xénero.

 

Os obxetivos da mesa son:

 

-Determinar criterios de detección precoz de casos de violencia de xénero.

-Acordar criterios para a detección e a atención en casos de alto risco.

-Realizar o seguimento de casos de alto risco.

-Identificar a situación de posible descoordinación entre os distintos ámbitos e proposta de mellora.

-Poñer en común e avaliar os datos de violencia de xénero de cada ámbito de actuación.

-Impulsar estratexias de sensibilización e prevención.

-Avaliar os resultados das campañas de sensibilización prevención realizadas.

powered by social2s