ndturismo1819.pngO departamento municipal de Servizos Sociais informa que está  aberto o prazo para a primeira fase do programa de turismo social do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso), dende o 16 de maio até o día 14 de xuño. Infórmase, que todos aqueles veciños que participaron na última edición non teñen que renovar as súas solicitudes, mentres que aqueles que queiran participar por primeira vez, sí teñen que inscribirse en Servizos Sociais, tanto se queren viaxar por libre ou co grupo do concello.

 

Solicitantes

 

Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

•       Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.

•       Ser pensionista de viuvez e ter 55 anos cumpridos.

•       Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.

•       Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 anos cumpridos.

•       Deberán valerse por si mesmos e non  padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

 

Poderán participar o cónxuxe ou parella de feito sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

 

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

 

Modalidades:

•       Zona costeira peninsular: estadías de 15, 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.

•       Zona costeira insular: estadías de 15,10 e 8 días en zonas de Canarias e Illes Baleares.

•       Turismo de interior, coas seguintes actividades: con estadías de 7 ata 3 días, cos seguintes tipos de viaxes:

o       Circuitos culturais.

o       Turismo de natureza.

o       Viaxes a capitais de provincia.

o       Viaxes ás cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

 

Servizos incluídos

 

Viaxe ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.

Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo Imserso. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas. Servizo médico, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.

 

Prazo de presentación

 

Dende o día 16 de maio ata o 26 de febreiro de 2019 distribuidos nas seguintes fases:

Primeira: a partir do 16 de maio ao 14 de xuño, recibirán acreditacións para os primeros días de comercialización do programa.

Segunda: a partir do 15 de xuño de 2018 ata o 26 de febreiro de 2019, para recibir acreditacións posteriormente.

 

Instrución reguladora 2018/2019 

Prezos

0
0
0
s2sdefault