logo_clubdebate.pngEste luns día 9 de abril, o Salón de Plenos do Concello de Teo acolle a fase eliminatoria do Club de Debate, coa participación de 18 alumnos de Terceiro e Cuarto da ESO, así como de 1º de Bacharelato pertencentes ao IES Xulián Magariños, acompañados pola profesora María Blanco Crespo, nunha actividade que financia o Concello de Negreira.

 

Haberá outros tres equipos do IES de Cacheiras e de Ferrol nunha xornada que comezará ás 9:15 horas, coa recepción oficial a tódolos participantes. O primeiro debate comezará ás 10:00 horas, e cada debate terá unha duración máxima de 36 minutos.

En total haberá nove debates en horario de mañá e tarde, xa que cada equipo terá que defender unha vez a postura a favor e outra a postura en contra sobre o tema: A mocidade tamén ten actitudes e comportamentos machistas.

 

Deste xeito, non se valora a defensa dunha postura concreta, senón a maneira en que se afronta o debate, os recursos oratorios que se empregan e a capacidade de argumentar fronte ás formulacións do equipo adversario.

 

 

O Club de Debate é un torneo que pretende formar o alumnado en habilidades comunicativas e oratoria, ademais de favorecer a utilización do galego oral en contextos formais e informais. Constitúe tamén unha oportunidade para compartir unha xornada lúdica e de aprendizaxe Este torneo, que pretende formar o alumnado en habilidades comunicativas e oratoria e favorecer o uso do galego oral en contextos formais e informais, é tamén unha oportunidade para compartir unha xornada lúdica e de aprendizaxe.

 

O xurado desta edición estará composto por Nel Vidal Barral, normalizador lingüístico; Xosé Luís Santos Cabanas, escritor; Xosé Manuel Pazo Blanco, representante da CENL de Ferrolterra; Olalla Liñares García, xornalista, e Luz Zas, profesora de Lingüística na USC.

0
0
0
s2sdefault