alimentos291217.jpgA Asociación Deportiva Nicrariense de fútbol base fíxolle entrega hoxe ao Concello de Negreira da axuda solidaria recadada o pasado sábado 23 durante a celebración do seu I Torneo de Nadal de Fútbol 8 en categoría benxamín. A recollida solidaria alcanza os 200 quilos de alimentos non percedeiros que lle foron entregados aos Servizos Sociais para o seu posterior reparto entre as familias con máis necesidades do noso concello.

 

No acto de entrega, que se levou a cabo nas instalacións do campo municipal de Cepelo, participaron membros da directiva de ADN encabezada polo seu presidente, Luis Arán, e contou coa asistencia do primeiro tenente de alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez.

 

Esta importante axuda súmase á que está a recoller a Asociación de Amas de Casa de Negreira, dentro da súa campaña solidaria que remata o próximo día 5 de xaneiro. As persoas interesadas poden entregar alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene e limpeza nos distintos supermercados da vila, así como os martes e os xoves, de 17:30 a 20 horas na sede que a asociación ten no edificio do antigo instituto, na rúa Castelao.

powered by social2s